Gustavo Docampo Otero
médico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gustavo Docampo Otero, nado en Redondela en 1933 e finado o 8 de xullo de 2005, foi un médico neurólogo e político galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gustavo Docampo.
Remove ads
Traxectoria
Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveu todo o seu labor profesional na medicina en Santiago. Fixo a súa tese sobre a acción anticonvulsionante do clormetiazol. Como investigador traballou en electroencefalografía e foi xefe do servizo desta especialidade no Hospital Clínico de Santiago, en 1960[1]. Traballou nos distintos hospitais composteláns, ocupando a xefatura do servizo de neuroloxía[2], ata que se xubilou en 2004 no CHUS. Foi tamén presidente da Sociedade de Neurofisioloxía Clínica.
Situado no nacionalismo de centro, foi presidente do Partido Nacionalista Galego cando en 1991 esta formación se integrou no BNG. Polo Bloque foi candidato ao Senado, ao Parlamento Europeo e a concelleiro en Santiago de Compostela, mais nunca chegou a ser elixido para ningún cargo político. Foi fundador do Clube Nacionalista Alén Nós[1] e presidente durante uns meses (de 2004 ata o seu falecemento) do consello asesor da Fundación Galiza Sempre, a fundación do BNG.
Era radioafeccionado e escribiu un libro sobre historia da radio.
Remove ads
Obra
- La radio antigua : evolución de los receptores de lámparas y guía práctica para su restauración, reseña histórica de la radiodifusión, Barcelona, Marcombo, 2000.
Vida persoal
Casara con Moneca Lueiro, finada en 2009[3].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads