Gustavo Docampo Paradelo
escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gustavo Docampo Paradelo, nado no Barco de Valdeorras, é un escritor e político galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gustavo Docampo.
Traxectoria
Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro do Barco de Valdeorras polo Movemento Comunista de Galicia. Volveu ser elixido concelleiro polo MCG nas eleccións municipais de 1983.[1] En maio de 1987 foi nomeado animador cultural do Barco de Valdeorras.[2] Colaborou en La Voz de Galicia, La Región e Raigame. É autor da obra de teatro Polos camiños do tempo, estreada en 2017.[3]
Obras
- Rutas para andar desde O Barco de Valdeorras, 1983.
- O Barco e a terra de Valdeorras, 1992 (con Millán Picouto).
- O Barco 1885 - 1969. Memoria fotográfica, 2006.[4]
Vida persoal
Casou con Isabel Gacio Pacios.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads