Halmahera

From Wikipedia, the free encyclopedia

Halmaheramap
Remove ads

Halmahera ou Gilolo é a maior illa do arquipélago das Molucas. É parte da provincia indonesia de Molucas do Norte.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...

A superficie de Halmahera é de 17.780 km². A poboación en 1995 era de 162.728 habitantes. O 60% da poboación é musulmá, e o restante 40% cristiá.

Remove ads

Historia

Thumb
Un nativo da illa de Halmahera.

A historia de Halmahera está enlazada á historia das próximas illas de Ternate e Tidore, ambas moito máis pequenas e situadas na súa costa occidental. Estas illas foron a base dos reinos máis importantes na época de antes de que a Compañía Holandesa das Indias Orientais colonizara todo o arquipélago.

Remove ads

Durante a segunda guerra mundial, houbo unha base militar xaponesa en Kao Bay.

Remove ads

Entre 1999 e 2000 Halmahera foi o lugar de actos de violencia entre cristiáns e musulmáns, que comezaron como unha disputa puramente étnica entre os residentes de Kao, principalmente cristiáns e Malifut, totalmente musulmá, que logo adquiriu un carácter relixioso, segundo estendíase por gran parte das Molucas do Norte. Miles de persoas de Halmahera morreron nos combates entre as milicias relixiosas, incluíndo grupos como Laskar Jihad e a FPI Fronte Defensores Islámicos que chegaron de Xava en grandes cantidades. En xuño de 2000, ao redor de cincocentas persoas morreron cando un transbordador cos refuxiados da loita en Halmahera afundiuse fronte á punta nordés das illas Célebes. Abundan teorías de conspiración sobre este suceso. Un monumento desta traxedia pódese atopar na aldea de Duma no norte do distrito de Halmahera.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads