Haloarcula

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Haloarcula é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas pertencente á familia Halobacteriaceae. Haloarcula descubriuse en mostras de pozas salinas cando se estaba intentando cultivar a especie Haloquadratum walsbyi, que é bastante similar morfoloxicamente, pero xeneticamente son distintas e están clasificadas en especies e xéneros diferentes.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Descrición e importancia

As especies de Haloarcula son arqueas halófilas extremas. Distínguense doutros xéneros da familia Halobacteriaceae pola presenza de derivados específicos de lípidos polares TGD-2. Actualmente hai sete especies recoñecidas no xénero, que son: H. vallismortis, H. marismortui, H. hispanica, H. japonica, H. argentinensis, H. mukohataei, e H. quadrata. H. quadrata é de forma cadrada e flaxelada e foi a primeira que se identificou, cando se estaba estudando a especie Haloquadratum walsbyi.[1]

Haloarcula crece optimamente a 40–45 °C, e forma láminas de ata 65 células xeralmente con forma cadrada ou de triángulo.

Remove ads

Ecoloxía

As Haloarcula encóntranse en ambientes salinos neutros como lagos salgados, salinas mariñas, e solos salinos. Como outros membros das Halobacteriaceae, Haloarcula require polo menos unha concentración 1,5 M de NaCl para crecer, pero crece optimamente a concentracións de 2,0 a 4,5 M de NaCl.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads