Río Kızılırmak

From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Kızılırmak
Remove ads

O río Kızılırmak, para os gregos antigos Halis ou Halys, é o principal río de Asia Menor. Nace nas montañas de Armenia Menor, pobo da fronteira co Ponto, cordal coñecida como Antitauro. Despois de pasar polo Ponto e por Capadocia xiraba ao norte e nordeste, formando ao final o límite entre Paflagonia (que quedaba ao oeste) e Galacia e Ponto (ao leste) ata desembocar no mar Negro (Euxino). Segundo Estrabón o seu nome derivaba dunhas salinas, pero crese que este detalle non é correcto.

Datos rápidos Tipo, Situado na entidade xeográfica ...
Thumb
İskilip, Dedesli.

Baixo os hititas foi coñecido como Marasantiya. O 585 a.C. librouse unha batalla entre lidios e persas na súa beira (coñecida como batalla da eclipse) e desde entón foi a fronteira oriental do reino de Lidia co Imperio persa; o 547 a.C. o rei Creso cruzou o río para atacar os persas, pero foi derrotado polo rei Ciro II o grande, que gañou a decisiva batalla coñecida como Batalla do Halis, que vai poñer fin ao reino de Lidia e levou o dominio persa ata o mar Exeo.

Baixo dominio turco desde o século XI, foi chamado Kizil Irmak (río vermello), nome conservado baixo os otománs e que aínda porta. Hoxe en día o seu caudal úsase para producir electricidade.

O seu curso é de 1150 km e os seus principais afluentes son o Delice Irmak (grego Cappadox) e o Devrez.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads