Imperio Aqueménida
primeiro imperio persa, fundado por Ciro o Grande From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Imperio Aqueménida[1] (en persa antigo: 𐎧𐏁𐏂𐎶; translit: Xšāça e traducible como "O Imperio"), tamén coñecido como Imperio Persa[2] ou Primeiro Imperio Persa,[3] foi un antigo imperio persa do oeste de Asia fundado por Ciro II o Grande.
Remove ads
Historia

O Imperio Persa iniciouse co reinado de Ciro I (550 a 529 a. C.) que uniu as tribos persas contra os medos. Ciro I, despois de conquistar a Media, conquistou toda a rexión do Oriente Medio nun imperio que ía dos límites do Irán actual até a Turquía. O seu fillo, Cambises II (529 a 522 a. C.), conquistou o Exipto e a Libia, porén o final do seu reinado marcouse por diversas revoltas. Cambises morreu no 522 a. C. O seu sucesor foi Darío I (521 o 486 a. C.), que dilatou as fronteiras do imperio máis aínda coa anexión do río Indo e doutras rexións na Asia. Foi neste reinado cando ocorreu a primeira guerra médica, nas que se enfrontaron gregos e persas. Estas guerras remataron coa expansión persa no 490 a. C. trala derrota en Maratón.
A primeira guerra médica tivo lugar durante o goberno de Darío I, aínda que foi feita unha reforma na administración do Imperio coa creación das Satrapías (gobernadas polos Sátrapas) e tamén se construíu a Estrada Real, que ía de Susa (no Irán) até Sardes (na Turquía). Despois disto, o imperio foi gobernado por Xerxes I (do 485 o 465 a. C.). No seu reinado tivo lugar a segunda guerra médica contra os gregos, na que os persas foran derrotados novamente. Tras Xerxes houbo outros emperadores que soportaron diversas revoltas que apuntaban á decadencia do Imperio Persa no ano 490 a. C. e que foi finalmente derrotado e anexado por Alexandre o Grande no 331 a. C.
Remove ads
Economía
A economía Persa baseouse en comercio predominantemente terrestre. Cun extenso territorio, a construción de estradas acabou por beneficiar o comercio, así como a padronización de pesos e medidas realizada co intento de facilitar a cobranza de impostos. A pesar de contaren coa frota fenicia e con bos portos, o comercio marítimo foi pouco explorado. A cuñaxe de moedas comezou efectivamente no reinado de Darío I, porén os soberanos preferían acumular metais a cuñar moedas.
Remove ads
Relixión
A relixión persa, ao principio, era politeísta. Por volta de 1200 a. C., coas predicacións do Zoroastrismo, a relixión tornouse dualista. O ben era representado por Ahura Mazda, e o mal era representado por Ahri Man. Non existían templos nin cultos, a representación do deus estaba simbolizada co fogo eterno, que se acendía en torres e colocábase no cume de torres dos mortos. Non existía rituais de enterramento, construíanse torres e nelas ficaban os corpos até pereceren.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads