Pobo han

grupo étnico da China From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo han
Remove ads

Os han (汉族 ou 漢族) son a etnia maioritaria na China e o maior grupo étnico do mundo. Os han constitúen o 91% da poboación da China e o 19% da poboación humana. Os han son coñecidos en Occidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva da dinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dor río Amarelo, no norte da China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante o século XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineses han nas rexións máis occidentais da China: Tíbet e Xinjiang.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

En total, o Goberno da República Popular da China recoñece 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.

Remove ads

Etimoloxía

O termo han procede do nome da dinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais da lingua chinesa na República Popular da China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语, hànyǔ).

Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa", han é o termo correcto utilizado na República Popular da China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como os tibetanos, os mongois e os uigures, entre outros.

Remove ads

Unidade da etnia Han

A pesar da existencia de múltiples variacións na lingua chinesa falada, un dos factores que determina a unidade da etnia han é a lingua escrita. Durante centos de anos, a literatura chinesa usou un formato estándar de escritura que utiliza un vocabulario e unha gramática significativamente distinta das diferentes formas do chinés oral. Desde o século XX, o chinés escrito baseouse no mandarín estándar e non no dialecto local de quen o escribe (coa excepción do uso escrito do cantonés). Por iso, aínda que os residentes nas diferentes rexións poden non se entender cando falan, son capaces de se entender na escrita.

Os han adoitan vestirse utilizando roupas de estilo occidental. Os traxes han tradicionais aínda son utilizados en ocasións importantes como banquetes de vodas ou durante a celebración de aninovo.

Remove ads

Diferenzas internas

Entre os Han existen numerosas diferenzas tanto culturais como lingüísticas. As diferenzas rexionais e lingüísticas entre os diferentes subgrupos dos han son tan significativas como entre as diferentes nacionalidades europeas. Os Han falan diversas variedades da lingua chinesa que son considerados dialectos, a pesar de que se considera que entre elas existen diferenzas maiores das que hai entre as diferentes linguas europeas (co termo "dialectos" faise referencia ao que é en realidade unha familia de linguas relacionadas co chinés estándar, mentres que se utiliza "lingua" para facer referencia ás demais linguas da China que non pertencen ao mesmo grupo lingüístico que o chinés estándar e os seus dialectos/linguas). Outras diferenzas culturais, como a gastronomía, os costumes e a moda, son igualmente importantes. A historia da China moderna presenta numerosos exemplos dos conflitos que estas diferenzas provocaron. Por iso, a idea duns Han unidos é realmente complexa.

Estas diversidades, con todo, non xeraron identidades étnicas propias, e as diferenzas relixiosas ou políticas non reforzaron as diferenzas rexionais. Ao contrario, existe unha tendencia a evitar as distincións entre os Han, xa que se considera que é unha clasificación menor e superficial.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads