Malaisia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Malaisia
Remove ads

Malaisia[1] é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e mais pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.

Datos rápidos Himno, Lema ...

O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.

Remove ads

Historia

A península Malaia, ocupada polos Malaios, estaba organizada nunha sociedade feudal, sendo un polo de comercio principal da Asia do Sueste.

Os comerciantes árabes foron os primeiros en se instalar no territorio no século XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dos malaios, xa que converteron a poboación ao islam.

No século XV, os europeos, atraídos polo comercio das especias, chegaron despois de teren procurado a ruta das Indias orientais para suplantar o monopolio árabe do comercio. Os portugueses, os holandeses e os británicos sucesivamente disputáronse o control do estreito.

Malaisia ​​independizouse en 1957. En 1981, Mahathir bin Mohamad converteuse en primeiro ministro e liderou o país cara á modernización ata a súa xubilación en 2003.

Remove ads

Política

Malaisia é membro do ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do Sueste).

Administración

A Malaisia é unha federación composta de trece estados (nexeri) e de tres distritos federais (wilayah peresekutuan):

Península Malaia (capitais entre parénteses):

Malaisia oriental:

Xeografía

Thumb
Malaisia: península Malaia e Malaisia oriental.

Malaisia está composta por dúas rexións:

Malaisia occidental ou Malaisia peninsular (ao sur de Tailandia) está dividida de norte a sur por unha longa cadea montañosa cuxo punto de maior altitude se sitúa a 2189 m (Monte Tahan) e onde subsisten vastas zonas forestais. A costa oeste é cha; a costa leste está composta de longas praias de area. Os cultivos e plantacións están situados ao longo das chairas costeiras. A parte norte (Perlis e Kedah) considérase o celeiro de arroz do país.

Malaisia oriental, situada ao norte de Indonesia (Borneo), componse dos territorios de Sarawak e de Sabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).

Comparte fronteiras co Brunei (381 km), Indonesia (1.178 km) e Tailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No 2003, a súa poboación era de 25 200 000 de habitantes.

Remove ads

Economía

Artigo principal: Economía de Malaisia.

Os recursos principais do país son:

Demografía

Thumb
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cos malaios, que son os que constitúen a poboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai varias xeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre 1970 e 2000). A taxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.

O 75% da poboación de Malaisia reside na península Malaia.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads