Hangul
alfabeto nativo coreano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O han-geul (tamén hangul ou han'gŭl, e previamente han-kul; 한글) é o alfabeto nativo coreano (en contraste cos hanja (漢字), ou caracteres chineses).[1] Cada bloque silábico hangul consta dalgunhas das 24 letras (jamo): 14 consoantes e 10 vogais. Historicamente, tiña 3 consoantes e unha vogal máis.

Estes bloques silábicos poden ser escritos tanto horizontalmente de esquerda a dereita como verticalmente de riba a baixo, as columnas de dereita a esquerda.
Aínda que esta escrita lles poida parecer ideográfica a algúns occidentais, realmente é fonética.
Remove ads
Historia
O rei Sejong o Grande creou un novo alfabeto, denominado Hankul ou Hangul.
Debido á facilidade coa que se aprendía este alfabeto, algúns letrados contemporáneos a Sejong denominárono amkul que significa Letra de mulleres.
Estrutura da escritura en Hangul
As palabras do Hangul están compostas por bloques silábicos, e estes á súa vez en tres partes: un son inicial, un son medio e polo xeral un son final.
Debemos debuxar un cadro imaxinario onde vamos a formar a sílaba e situar a primeira vogal ou consoante na parte superior esquerda deste. Se a vogal que lle segue á primeira letra é horizontal, sitúase baixo desta; se é vertical, á dereita. O son final (ou última letra da sílaba) debe ir baixo, sempre e cando sexa consoante.
Por Exemplo: Amor en coreano dise: Sa-rang = 사랑
O primeiro que debemos facer é identificar as sílabas. Despois, situamos a primeira letra da primeira sílaba (ㅅ) na parte superior esquerda. Logo situamos a vogal (ㅏ). Como esta é vertical, colocámola á dereita da primeira consoante; a nosa sílaba quedaría así: 사 (sa).
O paso a seguir é construír a segunda sílaba. Situamos a primeira letra (ㄹ) na parte superior esquerda do cadro imaxinario. Entón procedemos a colocar a vogal (ㅏ) á dereita da primeira letra. E situamos a última consoante (ㅇ) baixo (recordemos que nunha sílaba a última letra, se é consoante, sitúase baixo). A sílaba quedaría así: 랑.
Unimos as sílabas, e a nosa palabra está lista: 사 (sa)+랑 (rang) = 사랑 (sa-rang).
Outro exemplo:
En Corea, ao oso asignáronlle o seguinte carácter: 곰 (Kom)
Para formar esta sílaba, sitúase a consoante ㄱ (k) na parte superior esquerda, despois sitúase a vogal ㅗ (ou) baixo da consoante, xa que esta última é unha vogal horizontal. E por último colócase a consoante ㅁ (m) na parte inferior.
ㄱ (k) +ㅗ (ou) + ㅁ (m) = 곰 (kom).
Desta maneira pódense escribir todas as palabras coreanas e non coreanas.
Remove ads
Nomes oficiais
O nome moderno Hangeul é un termo acuñado por Xu Sigyeong en 1912, que significa “gran escritura” en coreano arcaico e “escritura coreana” no moderno. Non pode ser escrito en hanja, aínda que a sílaba Han pódese escribir 韓 co significado de “Coreano”. Pronúnciase /hanɡɯl/ (IPA), e pode ser romanizado dos seguintes xeitos:
- Han-geul na Romanización Revisada da lingua coreana. O goberno surcoreano usa este sistema en todas as súas publicacións oficiais en inglés e fomenta o seu uso. Moitas publicacións recentes adoptaron este sistema.
- Han’gŭl en McCune-Reischauer.
- Hankul na Romanización Yale.
O seu nome orixinal foi 훈민정음 (Hunmin Jeong-um) Os norcoreanos prefiren chamalo Chosŏn'gŭl (조선글) debido aos diferentes nomes de Corea.
Nomes coloquiais
- Jeongeum, abreviación do oficial Hunmin Jeongeum.
- Urigeul (우리글 "a nosa escritura") é usada en ambas as repúblicas coreanas, mais non por non coreanos.
O Han-geul foi ocasionalmente denigrado por aqueles que preferiron o tradicional Hanja (漢字) ata principios do século XX:
- Eonmun (언문 諺文 "escritura vernácula").
- Amgeul (암글 "escritura feminina"): 암 é un prefixo que indica feminidade. A muller foi considerada inferior ao home na Corea tradicional.
- Ahaegeul (아해글 "escritura de nenos")
Remove ads
Jamo
Jamo (자모; 字母) son as letras que conforman o alfabeto han-geul. O nome “jamo” provén de ja-eum (“vogal”; 자음; 母音; literalmente, son nai) e mo-eum (“consoante”; 모음; 子音 ou son fillo, literalmente).
Son 51 e componse de:
- 21 vogais.
- 10 vogais simples (om).
- 11 ditongos.
- 30 consoantes.
- 14 consoantes simples.
- 5 consoantes dobres.
- 11 consoantes complexas.
ㄱ | ㄴ | ㄷ | ㄹ | ㅁ | ㅂ | ㅅ | |||
k, g | n | t, d | l, r | m | p, b | s | |||
ㅇ | ㅈ | ㅊ | ㅋ | ㅌ | ㅍ | ㅎ | |||
**(mudo)/ng | ch, j | ch | k | t | p | h | |||
ㅏ | ㅑ | ㅓ | ㅕ | ㅗ | ㅛ | ㅜ | ㅠ | ㅡ | |
a | ya | eo | yeo | ou | eu | ou | yu | eu | |
ㅐ | ㅒ | ㅔ | ㅖ | ||||||
ae | yae | e | ye | leo | |||||
Cada consoante en han-geul corresponde a un só fonema na lingua coreana. Porén, estas poden variar de pronunciación a ouvidos estranxeiros. A primeira consoante indica a pronunciación que se escoita ao comezo da palabra, e a segunda, cando non sexa así.
Por exemplo, no caso da palabra 비비다, que significa esfregar, escóitase como pibida. Recorde que os coreanos recoñecen un só fonema ㅂ(bieup) nas dúas sílabas, e non lles son distintas, como adoitamos pensar. De forma análoga, en galego pode pórse un exemplo con palabras como "dedo". O primeiro D corresponde a unha consoante dental oclusiva sonora, e o segundo D a unha dental fricativa sonora. Para un galegofalante, a letra D ten sempre a mesma pronuncia aínda que a fagamos de diferente forma sen sequera darnos conta diso.
- A letra ㅇ(ieung) é un caso particular. Esta letra representa unha consoante muda ao comezo dunha palabra, mais tamén o fonema 'ng' cando se usa como batchim. A razón é simple: A letra que orixinalmente representaba o fonema 'ng', chamado yet-ieung, chegou a se fundir nun só co ieung co pasar do tempo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads