Happiness (filme de 1998)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Happiness é unha película de 1998 escrita e dirixida por Todd Solondz, que narra a vida de tres irmás, as súas familias e os seus achegados. Foi premiada co FIPRESCI no Festival de Cannes de 1998 pola "súa audaz exploración de temas contemporáneos controvertidos, ricas mensaxes implícitas e sorprendente fluidez de estilo visual", e o elenco recibiu o premio National Board of Review ao mellor elenco coral.[1]

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Helen Jordan (Lara Flynn Boyle), a irmá máis nova, é unha exitosa escritora que é adorada e envexada pola xente que coñece, e pode ter calquera home que queira. Pero a súa encantadora vida ultimamente provócalle baleiro, e aborrece o feito de que a xente só a queira pola súa mística e que os eloxios cara a ela sexan desmerecidos.

Trish (Cynthia Stevenson), a irmá mediana, é unha ama de case de clase media-alta felizmente casada co psicólogo Bill Maplewood (Dylan Baker) e ten tres fillos: Billy, Timmy e Chloe. Aínda que Trish non o sabe, Bill é un pedófilo. Está obsesionado cun neno de once anos, compañeiro de clase do seu fillo Billy (Rufus Read).

Joy (Jane Adams), é a irmá máis vella, dedícase á música e é vista pola súa familia como demasiado sensible e sen dirección na vida. Traballa como vendedora pero deixa o traballo para dedicarse a algo máis satisfactorio: ensinar nun centro de educación para inmigrantes. Os seus alumnos rexéitana, porque a súa anterior profesora (agora en folga) era moi destacada, e comeza a sentirse mal tamén neste traballo. Joy tamén se sente incómoda e deprimida coa súa vida persoal, despois de fracasar coa súa relación con Andy (Jon Lovitz).

Finalmente, os pais das tres irmáns, Mona (Louise Lasser) e Lenny (Ben Gazzara), estanse separando despois de 40 anos de matrimonio, pero non se divorciarán. Lenny está aburrido co matrimonio, pero non quere comezar outra relación, simplemente "quere estar só". Mentres Mona se afai á idea de ser solteira, Lenny trata de reavivar o seu entusiasmo pola vida tendo unha aventura cunha veciña.

Remove ads

Crítica

Na súa crítica á película, Roger Ebert escribiu: "...os depravados só están buscando o que todos buscamos, pero cunha falta de visión moral ordinaria (...) Nunha película que examina o extremo da desesperación humana, hai unha horripilante suxestión de que eses personaxes poderían non ser grotescas excepcións, senón realmente unha parte da humanidade".

Deulle á película catro estrelas sobre catro, e colocouna no posto número cinco das súas dez películas favoritas de 1998, comentando ademais que "non é unha película para a maioría da xente. Certamente é só para adultos. Pero amósanos a Todd Solondz como un cineasta que merece atención, que escoita a infelicidade no aire e busca as súas fonte".[2]

Remove ads

Controversia

A película foi moi controvertida debido a algunhas das súas subtramas, fortemente sexuais, especialmente no personaxe de Bill, un pederasta e violador, individuo tridimensional con cualidades positivas.

Happiness foi cualificada NC-17 (sen admitir audiencias de menores de 17 anos) pola MPAA, o que causou que a película tivese unha distribución limitada ademais de dificultades publicitarias.

O Festival de Cinema de Sundance rexeitou o filme, alegando que era demasiado desagradable.[3]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads