Harar

cidade do leste de Etiopía From Wikipedia, the free encyclopedia

Hararmap
Remove ads

Harar (en harari: ሐረር ; en oromo: Adare Biyyo), e coñecida polos seus habitantes como Gēy (en harari: ጌይ),[1] é unha cidade amurallada do leste de Etiopía. É a capital de Hararghe leste e da rexión de Harari de Etiopía. A cidade atópase no cumio dun outeiro na extensión leste de Oromia, a preto de cincocentos quilómetros da capital nacional Adís Abeba e atópase a unha altitude de 1 885 metros. Segundo a Axencia Central de Estatística de 2005, Harar tiña unha poboación estimada de 122 000 habitantes, dos cales 60 000 son homes e 62 000 son mulleres.[2] Segundo o censo de 1994, sobre o cal está feita a estimación da axencia, a cidade tiña unha poboación de 76 378 persoas.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Durante séculos, Harar foi un gran centro comercial, ligado a rutas comercias co resto de Etiopía, co Corno de África, a Península Arábiga, e a través dos portos, con todo o mundo. Harar Jugol, a antiga cidade amurallada, foi considerado Patrimonio da Humanidade en 2006 pola UNESCO en recoñecemento da súa herdanza cultural.[3] É coñecida en árabe como a "Cidade dos Santos" (مدينة الأَوْلِيَاء, madinat al-awliyaʾ). De acordo coa UNESCO, é "considerada 'a cuarta cidade santa' do islam", con 82 mesquitas, tres das cales datan do século X, e 102 santuarios.[4][5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads