Hassan Nasrallah

político libanés secretario xeral de Hezbolá 1992-2024 From Wikipedia, the free encyclopedia

Hassan Nasrallah
Remove ads

Hassan Nasrallah (en árabe: حسن نصر الله, romanizado: Ḥasan Naṣr-Allāh) nado en Bourj Hammoud, un barrio de Beirut o 31 de agosto de 1960[1] e finado tamén en Beirut o 27 de setembro de 2024,[2] foi un crego xiíta e político libanés.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Dende 1992, foi o secretario xeral e guía espiritual do partido político e milicia Hezbolá, dende o asasinato en 1992 do anterior dirixente, Abbàs al-Musawí, por parte das Forzas de Defensa de Israel, e era considerado como unha das figuras máis influentes de Oriente Medio[3] que espallou a influencia de Hezbolá,[4] e tamén, é definido como un dos dirixentes de facto de Líbano.[5][6]

No Líbano, é visto como a principal cara da resistencia a Israel. Coa liberación do sur do Líbano da ocupación israelí en 2000, logo a guerra de xullo de 2006, foi considerado un heroe por algúns libaneses pero como un inimigo mortal por Israel.

Hezbolá cultivou a imaxe nos medios de Nasralah como unha autoridade carismática e en medios como Al Jazeera foi comparado xunto con outros líderes árabes como Yasser Arafat e Gamal Abdel Nasser, e con revolucionarios de esquerdas como Che Guevara e Fidel Castro, e destacou a súa popularidade en Palestina.[7] Porén, esa imaxe foise debilitando posteriormente.[8]

O 28 de setembro de 2024, o exército israelí afirmou que o matou nun ataque aéreo en Beirut, como parte dunha intensificación dos bombardeos contra Hezbolá no Líbano, na denominada "Operación Espadas de Ferro",[9] e no que tamén morreron seis persoas, houbo 91 feridos e arrasou seis edificios de vivendas.[10][11] Aos poucos, o grupo libanés confirmou a morte do seu líder.[12][13][14]

Remove ads

Traxectoria

Familia e primeiros anos

Nasrallah foi o noveno dunha familia de dez fillos dunha familia xíi en Bourj Hammoud, distrito de Matn, un dos barrios pobres do leste de Beirut.[15] Proviña dunha familia humilde, seu pai era vendedor de froitas e verduras[16] e, cando apenas tiña 15 anos, o comezo da Guerra civil no Líbano, en 1975, obrigou a Nasrallah e á súa familia a volver ao sur do Líbano á casa orixinaria dos pais, onde viviran antes do nacemento do seu primoxénito Nasrallah, en Al Bazuriyah.[17]

Nese contexto, e aínda que a súa familia non era considerada relixiosa, segundo os estándares libaneses, asistiu á escola al-Najah e máis tarde a unha escola pública no barrio predominantemente cristián de Sin el Fil;[1][18] mais el estaba interesado nos estudos teolóxicos e, aos quince anos, comezou a estudar teoloxía e literatura islámicas e fíxose membro do Movemento Amal.[15]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads