Helmut Schmidt

From Wikipedia, the free encyclopedia

Helmut Schmidt
Remove ads

Helmut Heinrich Waldemar Schmidt, máis coñecido como Helmut Schmidt, nado o 23 de decembro de 1918 en Hamburgo e finado ibídem o 10 de novembro de 2015, foi un político alemán. Foi chanceler da República Federal de Alemaña de 1974 a 1982.

 

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Helmut Schmidt rematou a escola en 1937 co Abitur (Selectividade). Despois tivo que incorporarse ao servizo obreiro e máis tarde ao exército nazi. Ao final da Segunda guerra mundial, era Primeiro Tenente. Quedou prisioneiro de guerra en 1945.

Despois de ser posto en liberdade, comezou a estudar macroeconomía. Rematou os seus estudos en 1949. Despois comezou a traballar para a administración de Hamburgo.

Schmidt uniuse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña en 1949. En 1953, converteuse en membro do Bundestag por primeira vez. De 1961 a 1965, foi senador do goberno de Hamburgo.

De 1969 a 1972, foi ministro de Defensa da Alemaña Occidental. De 1972 a 1974 foi ministro de Facenda.

Despois de que Willy Brandt renunciase ao seu traballo como Bundeskanzler, Helmut Schmidt foi elixido novo chanceler.

En 1975 participou na Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa asinando a Acta de Helsinqui.

En xullo de 2013, descubriuse que Schmidt comprou 38.000 cigarros por temor a que fosen prohibidos en Europa.[1]

Schmidt morreu en Hamburgo o 10 de novembro de 2015, con cerca de 97 anos, por complicacións dunha cirurxía para retirar un coágulo de sangue.[2] [3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads