Henry Morton Stanley

From Wikipedia, the free encyclopedia

Henry Morton Stanley
Remove ads

Sir Henry Morton Stanley, nado en Denbigh (Gales) o 28 de xaneiro de 1841 e finado en Londres o 10 de maio de 1904, foi un explorador e periodista galés nacionalizado estadounidense famoso polas súas expedicións na daquela ignota África central, nunha das cales atopou ao desaparecido David Livingstone.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Primeiros anos de vida e o seu traslado aos Estados Unidos

Stanley naceu en Denbigh, País de Gales, cando a súa nai, Elizabeth Parry, tiña 19 anos. Segundo o seu certificado de nacemento era fillo ilexítimo e o estigma da ilexitimidade supuxo unha pesada carga para el, durante toda a súa vida. Tivo unha infancia chea de maltratos e de loita pola súa existencia, foi criado polo seu avó ata a idade de cinco anos. Cando este morreu, viviu durante un curto período con algúns curmáns e sobriños maternos, pero pouco despois foi enviado a St. Asaph Union Workhouse, institución de acolleita para pobres, onde o hacinamiento e a falta de control daban lugar a frecuentes abusos dos mozos maiores e dos reitores da institución. Cando tiña dez anos, a súa nai e dous irmáns permaneceron durante un tempo nesta institución, sen que Stanley soubesen quen eran. Alí permaneceu ata os quince anos, momento en que foxe da institución e marcha á súa aldea natal. Aquí completa unha educación elemental e colabora como axudante de profesor nunha escola nacional. En 1859, é contratado no porto de Liverpool, no barco Windermeer, con rumbo a Nova Orleáns. No barco tamén sofre unha dura travesía, que o leva a saltar a terra en canto avistan Nova Orleáns, sen esperar a cobrar os seus xornais pendentes.

En Nova Orleáns, tomou o apelido Stanley ao ser adoptado por un comerciante norteamericano, participou na Guerra Civil Americana.

Ao finalizar a guerra, comezou a súa carreira como xornalista, escribindo como correspondente desde o oeste americano. En 1868 acompañou como cronista ás tropas británicas a Abisinia, na expedición que realizaban os ingleses contra o Negus Teodoro II de Etiopía, máis tarde emprendeu expedicións ao Imperio Otomán, visitando Grecia, Esmirna, Beirut e Alexandría; tamén é enviado a España, onde presencia a guerra carlista e asiste á caída da raíña Isabel II e aprende un perfecto castelán.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads