Herbario
colección científica de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En botánica, un herbario[1] (do latín herbarium)[2] é unha colección de plantas ou de partes de plantas, secadas, conservadas da mellor maneira posíbel,[2] identificadas e acompañadas de información crítica como a identidade do colleiteiro, o lugar e a data da recolección e o hábitat onde se encontraba a planta.

Remove ads
Funcións e características
A súa función é a do estudo ou a ensinanza da botánica.[2] Aínda que primariamente se chamaba herbario a colección de plantas secas, hoxe tamén se coñece como herbario o espazo onde se encontra esta colección e á institución que a xestiona. As grandes coleccións adoitan residir en institucións de investigación, como xardíns botánicos e departamentos universitarios, e baséanse no traballo colleiteiro dos seus investigadores, ao que se suma o froito de frecuentes intercambios con institucións parecidas.
A confección dun herbario persoal é, ademais, unha ferramenta didáctica na educación botánica, útil non só por ofrecer unha base material para o estudo da diversidade das plantas, senón tamén pola experiencia que achega recoller as mostras no seu ambiente. Os maiores herbarios conteñen pregos procedentes de todo o mundo, pero existen tamén herbarios rexionais, especializados na flora dunha parte do mundo.[3]
Sobre o material vexetal depositado nos herbarios fundaméntase unha parte importante da investigación botánica, sobre todo aquela referida á taxonomía, aínda que tamén es útil para estudos florísticos, bioxeográficos e, incluso, moleculares. O material do herbario é a testemuña das citas de plantas, das descricións das mesmas e dos materiais utilizados para propoñer novos taxons. O tipo nomenclatural ou espécime particular ou grupos de espécimes dun organismo do que se fai unha descrición científica que xustifica o nome científico dunha especie, é, na maioría dos casos, unha planta seca, depositada e conservada nun herbario.[4][5]
Remove ads
Historia
Este concepto de herbario é relativamente moderno. De feito, nos séculos XV e XVI, a palabra "herbario" tiña unha dupla acepción diferente ás actuais. En primeiro lugar utilizábase para designar un libro no que se enumeraban, describían e ilustraban principalmente plantas medicinais e os seus usos. En segundo lugar, tamén se utilizaba o termo "herbario" para referirse a un conxunto de plantas vivas cuxo propósito era o estudo ou o ensino da botánica.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads