Hermann Heinrich Gossen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hermann Heinrich Gossen, nado en Düren o 7 de setembro de 1810 e finado en Colonia o 13 de febreiro de 1858, foi un economista alemán, autor de "Evolución das leis do intercambio humano", obra en que enuncia unha serie de leis que logo serviron de base para a teoría da utilidade marxinal.[1][2]
Gossen estudou en Bonn e traballou na administración prusiana ata a súa retirada en 1847. Posteriormente, dedicouse á venda de seguros. Precursor do marxinalismo e da economía matemática, permaneceu totalmente ignorado ata que o primeiro Jevons e despois Walras rescatárono do esquecemento, poñendo de manifesto os importantes logros do seu Entwicklung der Gesetze des menschlichen Verkehrs ("Desenvolvemento das leis do intercambio entre os humanos") de 1854.[3]
Remove ads
Obra
Antes de Gossen, numerosos teóricos, incluídos Gabriel Cramer,[4] Daniel Bernoulli,[5] William Forster Lloyd,[6] Nassau William Senior,[7] e Jules Dupuit[8] empregaron ou afirmaron a importancia dalgún concepto de utilidade marxinal. Porén, Cramer, Bernoulli e Dupuit centráronse en problemas específicos, Lloyd non presentou ningunha aplicación e se Senior realmente empregou o desenvolvemento dunha teoría máis xeral,[9] fíxoo cunha linguaxe que provocou que a maioría dos lectores non se desen de conta da aplicación.
Gossen partía da idea de que o obxecto da conduta humana era conseguir o máximo gozo posible. Baseándose nisto, formulou dúas leis que levan o seu nome:
- A primeira lei de Gossen, coñecida como "Lei do decerecemento da utilidade marxinal", supón que a cantidade de gozo que un individuo obtén dunha unidade dun ben diminúe a medida que van satisfacendo as súas necesidades con outras unidades de devandito ben.
- A segunda lei de Gossen, coñecida como "Lei da igualdade das utilidades marxinales ponderadas", sostén que o máximo gozo se consegue cando para todos os bens a última unidade monetaria investida neles produce a mesma utilidade.
A partir delas, os autores neoclásicos puxeron de manifesto a súa oposición á explicación teórica de que os valores de cambio (prezos) dos bens son os custos de produción, tal como sostiñan os autores clásicos, para quen o valor de uso dun bien (ou utilidade) non servía para explicar os prezos aos que se efectuaba o intercambio.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads