Heroe da Unión Soviética
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Heroe da Unión Soviética (ruso: Герой Советский Союз, Guerói Sovétsky Soyuz) era o máis alto título honorario e o grao de distinción superior da Unión Soviética. Incluía a Orde de Lenin e, como sinal de excelencia, a medalla da Estrela Dourada co certificado da fazaña (grámota), concedido polo Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética. O galardón foi establecido o 16 de abril de 1934.
Remove ads
Historia
Máis de 12 500 persoas recibiron esta distinción.[1] A gran maioría durante a Gran Guerra Patria (11 635 Heroes da URSS, 101 en dúas ocasións, 4 en tres ocasións e 2 en catro ocasións). Un heroe famoso foi Aleksandr Matrosov que recibiu de maneira póstuma por morrer ao bloquear unha metralladora inimiga co seu propio corpo. Tamén recibiu a condecoración a título póstumo o español Rubén Ruiz Ibárruri, único fillo home de Dolores Ibárruri A Pasionaria, caído durante a batalla polo control da estación central na Batalla de Stalingrado.
Os primeiros en recibir a distinción foron os pilotos: Liapidevsky, Levanevsky, Vasili Molokov, Mavrikiy Slepniov, Nikolai Kamanin, Iván Doronin e Vodopiánov, que participaron na procura e rescate da tripulación do vapor Cheliuskin, que se afundiu en augas do Ártico o 13 de febreiro de 1934.
Remove ads
Galería
- Georgii Zhukov (centro) portando tres medallas de Heroe da Unión Soviética e Konstantin Rokossovski (dereita) portando dúas.
- Heroe da Unión Soviética Coronel Endel Puusepp
- Heroe da Unión Soviética Xeral Pável Grachov
- Dúas veces Heroe da Unión Soviética Tenente Xeral Aleksandr Molodchy
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads