Hexánquidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hexánquidos
Remove ads

Os hexáquidos (Hexanchidae) son unha familia de elasmobranquios (Elasmobrachii) da orde dos hexanquiformes (Hexachiformes) caracterizados por presentaren seis ou sete pares de branquias, en vez dos cinco habituais noutros tiburóns.

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Thumb
Heptranchias perlo.
Thumb
Cabeza de Heptranchias perlo.
Thumb
Debuxo de Hexanchus nakamurai.
Debuxo de Hexanchus griseus.
Thumb
Cabeza de Notorynchus cepedianus.

Están considerados como os tiburóns máis primitivos, dado que o seu esqueleto conserva algunhas características xa extinguidas, con algunhas adaptacións modernas. Os seus aparellos excretor e dixestivo están pouco especializados, o que suxire tamén que poden parecerse aos de tiburóns primitivos antepasados seus. O trazo máis distintivo, porén, é a presenza dun sexto e, en dous xéneros, un sétimo par de fendeduras branquiais.[2]

Poden medir entre 140 e 550 cm de loinxitude. Son ovovivíparos. Aliméntanse de peixes relativamente grandes de todo tipo, incluíndo outros tiburóns, así como de crustáceos e preas.

A familia está represntada nas augas galegas por unha especie, Hexanchus griseus, o bocadoce.[3][4]

Remove ads

Clasificación

A familia conta con 4 especies actuais,[1] ademais de moitas outras extintas:

Especies actuais

  • Xénero Heptranchias
    • Heptranchias perlo (Bonnaterre, 1788)
  • Xénero Hexanchus
  • Xénero Notorynchus
    • Notorynchus cepedianus Poey, 1861

Especies extinguidas

  • Xénero Paraheptranchias Pfeil, 1981
    • Paraheptranchias repens (Probst, 1879)
    • Paranotidanus “Eonotidanus” contrarius (Munster, 1843)
    • Paranotidanus intermedius (Wagner, 1861)
    • Paranotidanus munsteri (Agassiz, 1843)
    • Paranotidanus serratus (Fraas, 1855)
  • Xénero Notidanoides Maisey 1986 [5]
  • Xénero Notidanodon Cappetta, 1975
    • Notidanodon antarcti Grande & Chatterjee, 1987
    • Notidanodon brotzeni Siverson, 1995
    • Notidanodon dentatus (Woodward, 1886)
    • Notidanodon lanceolatus (Woodward, 1886)
  • Notidanodon loozi (Vincent, 1876)
    • Notidanodon pectinatus (Agassiz, 1843)
  • Xénero Pseudonotidanus Underwood & Ward, 2004
    • Pseudonotidanus semirugosus Underwood & Ward, 2004
  • Xénero Weltonia Ward, 1979
    • Weltonia ancistrodon (Arambourg, 1952)
    • Weltonia burnhamensis Ward, 1979
Familia ? Mcmurdodontidae
  • Xénero Mcmurdodus White, 1968
    • Mcmurdodus featherensis White, 1968
    • Mcmurdodus whitei Turner, & Young, 1987
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads