Hilti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hilti é unha empresa de ferramentas eléctricas con sede en Schaan, Liechtenstein, creada en 1941 polos irmáns Martin e Eugen Hilti. Hilti é unha das máis grandes empresas do sector da ferramenta eléctrica profesional do mundo, con delegacións en máis de 120 países e unha facturación de 4.000 millóns de euros[1].
Remove ads
Historia

En 1941 os irmáns Hilti abriron un pequeno taller de mecánica con cinco traballadores. Durante a segunda guerra mundial a empresa traballou fabricando pezas de motores para as empresas alemás.
En 1950 comezou a empresa a traballar e desenvolver a súa propia tecnoloxía en ferramentas de fixación: pistolas para fixar cravos. En 1957 obtiveron a súa primeira tecnoloxía empregando pólvora como fulminante para que o pistón golpee os cravos[2]. En 1967 sacaron ao mercado o Hilti TE17, un trade percusor electro pneumático cun peso de menos de cinco kg.
En 2009 a sede de Hilti en España anunciou o despedimento de 198 dos 895 traballadores da empresa[3].
Remove ads
Produtos

- Caixas de ferramentas
- Sistemas a batería
- Marca e medida láser
- Fixación directa
- Perforación e demolición
- Ancoraxes
- Diamante
- Sistemas de instalación
- Corte e lixado
- Produtos químicos
- Proteción pasiva
- Sistema parafuso
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads