Himation
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O himation (en grego antigo: ἱμάτιον, himátion) foi unha vestimenta empregada tanto por homes como por mulleres da Antiga Grecia[1] que naceran ceibes,[2] dende a época arcaica (polo 800 a. C.) até a helenística (30 a. C.).[3]
Normalmente levábase sobre un quitón e/ou un peplo, pero estaba feito con tecidos máis pesados e facía as veces de capa ou mantón.[3] Cando o himation se levaba só, sen quitón,[4] servía como quitón e como capa. O himation era notablemente menos voluminoso que a toga romana. Moitas pinturas de vasos representan mulleres cun himation como veo que lles cubría a cara.[5]
Tamén continuou usándose na época bizantina, sobre todo como vestimenta iconográfica de Cristo e outras figuras bíblicas, como a Virxe María e figuras bíblicas,[6] aínda que parece que aínda se usaba na vida real, sobre todo por homes maiores cun status relativamente baixo.[7]
Remove ads
Orixes
Aínda que non se atoparon restos físicos de himation sábese que, os antigos gregos, xa o usaban no século VI a. C.[8] A través de diversas decoracións, cerámica e estatuas, sábese que o himation estaba feito normalmente de la branca e liño, xeralmente brancos.[3][8] A súa produción considerábase traballo propiamente feminino, xa que fiaban a la ou o liño en fío e tecían o fío nunha gran peza rectangular de tea. Aínda que as mulleres o facían principalmente nas súas casas, tamén había tecedoras e tintureiras profesionais.[3]
Debido ao prezo do material, o liño de calidade adoitaba reservarse para a clase alta da sociedade grega.[3] Pénsase que o himation puido estar estampado ou bordado con cores atrevidas e patróns moi complexos.[8] Estes patróns ás veces tecíanse na la ou no liño grosos ou pintábanse directamente sobre o himation.[8]
Foi, quizais, a peza de roupa máis popular que se usaba na antiga Grecia, con moitos estilos diferentes de roupa. Tamén "servia como un importante medio de comunicación non verbal. Un himation correctamente arranxado transmitía un status de elite,[9] mentres que as pezas desordenadas creaban oportunidades para a exhibición corporal no cortexo homosexual e heterosexual.[10] O himation fíxose tan popular que os historiadores usan a palabra para referirse a unha serie de pezas de roupa gregas diferentes.
Remove ads
Xeitos de uso
A diferenza doutros tipos de roupa da antiga Grecia, como a clámide, o himation non se suxeitaba con alfinetes nin con outra fixación ou atadura. O estilo que unha persoa adoptaba podía proporcionar un significado diferente, e a sociedade xulgaba o carácter dunha persoa en función de como elixía levar o seu himation.[11] Non só a xente común da sociedade grega antiga vestía himation, senón que tamén os deuses ao longo da historia da antiga Grecia tamén o levaban, demostrando o popular que era como peza de roupa.
Os filósofos da antiga Grecia da época mencionan esta perspectiva nas súas obras. Un deles, Teofrasto, describiu a grosería na súa obra *Characteres*, como unha persoa que se senta mentres permite que o seu himation caia por riba dos seus xeonllos.[12]
Mesmo os deuses da antiga Grecia adoitaban ser representados levando o himation en diversas situacións. Por exemplo, descríbese a Atenea levando un casco ático, un peplo, unha éxida cun pequeno gorgoneion e un himation.[13] Outro deus que foi descrito levando un himation foi Dioniso. Nunha explicación dunha obra de arte no Museo de Arte de Baltimore, descríbese a Dioniso vestindo "un himation e unha coroa de hedra e levando un cántaro na man esquerda levantada".[14]
Cando o himation se levaba só (sen quitón), servía tanto como quitón e como manto, e se chamaba aquiton (ἀχίτων).[15]
Homes
Cando os homes o usaban, colocábase sobre o ombreiro esquerdo e enrólase arredor do resto do corpo, agás o brazo dereito. Os homes maiores, aqueles por riba da idade dos efebos, cando non empregaban o estilo seguido polos homes adultos, cubrían todo o seu corpo co himation. [12] Os vasos que representan a vida durante a Grecia arcaica temperá mostran que homes de todas as idades e clases sociais usaban o himation sobre o quitón. [10] [11]
Mulleres
As mulleres comezaron a usalo, con maior frecuencia, a partir do 500 a. C., ao final do Período Arcaico,[16] e continuaron co seu uso até o período helenístico. Adoitaban levalo en público "como mantos cálidos sobre os seus finos quitones xónicos".[17]
No caso delas, adoitábase pasar por debaixo do brazo esquerdo e, cruzando o peito, asegurándoo no ombreiro dereito de tal xeito que lles permitía que o brazo dereito ou o esquerdo se liberase da prenda.[18][19] Tamén, era algo maior de tamaño para que se puidese empregar para cubri-la cabeza como unha carapucha,[20] protexéndose da mirada dos homes.[21]
Remove ads
En Grecia
Era un manto de la branca, amplo, rectangular e envolvente que se levaba sobre o propio corpo ou, máis habitualmente, encima dun quitón, polo menos até a altura dos xeonllos,
Para armalo, collíase un extremo que se envolvía ou enrolaba primeiro sobre o ombreiro esquerdo, logo se levaba cara adiante e se suxeitaba firmemente co brazo esquerdo; a roupa entón colócase sobre o ombreiro cara ao lado dereito de tal xeito que o lado dereito quedaba completamente cuberto ata o ombreiro, segundo a moda máis elegante. Pola outra banda, pasaba por debaixo do brazo dereito e deixaba o ombreiro dereito exposto.[2]
As mulleres levaban o himation do mesmo xeito, pero algunhas o pasaban sobre a cabeza para deixar só a cara visible; podía ser de cores ou, ás veces, de seda.[22]
En Roma

Debido á súa popularidade, os romanos tamén adoptaron o estilo e, ao final da República romana, era o manto habitual dos romanos,[23] xa que era máis práctico que a pesada e voluminosa toga que quedou reservada para os actos oficiais,[24] e lle deron o nome de palio.
Exemplos de representacións antigas de Himatión
- Himatión levada en diagonal. Coré de Lión, circa -550/-540
- Estatua de Sófocles, envolvida nun himation. Copia romana dun orixinal grego.
- Un lector envolto nun himation (período helenístico).
- San Paulo vestindo o himation ou palio que se converteu no manto dos filósofos.
- Estatuas, masculina e feminina, cubertas cun himation na "Casa de Cleopatra" en Delos, Grecia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads