Hispasat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
HISPASAT é un operador de servizos por satélite español con sede en Madrid que ofrece servizos de telecomunicacións en América (norte, centro e sur), Europa e Norte de África nas posicións 30° Oeste e 61° Oeste.
HISPASAT permite distribuír máis de mil canles de televisión e radio (analóxica e dixital) a máis de trinta millóns de fogares, así como servizos de banda larga en contornas fixas e móbiles.
Remove ads
Historia
O primeiro satélite posto en órbita foi o Hispasat 1A en setembro de 1992 a bordo dun vehículo lanzador Ariane 4, dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa e situouse en órbita xeoestacionaria na posición 30º Oeste a 36.000 km de altura, onde se sitúan dende entón tódolos satélites da serie Hispasat (1A, 1B, 1C, 1D e o novo 1E), centrados principalmente no mercado español e europeo.
A serie dos satélites Amazonas (61º Oeste) inaugurouse en 2004 co lanzamento do primeiro Amazonas, céntrase no mercado americano (principalmente latinoamericano). Amazonas 2, é o satélite de comunicacións de maior potencia con cobertura panamericana, lanzouse o 1 de outubro de 2009 e permitiu a HISPASAT duplicar a súa capacidade no continente. A seguinte ampliación será o Amazonas 3 en 2013.
Remove ads
Accionistas
HISPASAT está considerada pola administración unha empresa estratéxica para o Goberno Español e o Ministerio de Defensa, parte dos seus servizos son empregados con fins militares.
Constelación de satélites
TDT Universal por satélite: HISPASAT é o coordenador do proxecto Profit de I+D+i TDT Universal vía satélite, co obxectivo principal de avaliar e investigar distintas alternativas tecnolóxicas para ofrecer cobertura de TDT ao 100% da poboación en España, cunha plataforma vía satélite.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads