Ariane 4

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ariane 4
Remove ads

Ariane 4 foi o nome do cuarto modelo da familia de foguetes Ariane.

Datos rápidos Función, fabricante ...
Remove ads

Características

Despois do fracaso da antiga ELDO, predecesora da ESA, de poñer en marcha un programa de foguetes funcionais debido aos fallos dos foguetes Europa 1 e Europa 2 e de planear construír un Europa 3, o CNES francés propuxo construír un novo foguete con tecnoloxía xa probada. Foi durante a quinta Conferencia Espacial Europea, en decembro de 1972, e na que se constituíu a ESA, na que se acordou iniciar o programa do novo foguete, que terminaría por denominarse Ariane. O seguinte paso despois dos éxitos do Ariane 1 foi mellorar o modelo básico, para o que se creou un novo modelo, que pasaría a denominarse Ariane 2, aumentando o pulo dos motores Viking 4 e Viking 5 da primeira e segunda etapa, substituíndo o propelente UDMH por UH25, o alongamento da terceira etapa en 1,3 metros e substituíndo o motor por un HM7-B. Coa adición de dous foguetes de propelente sólido creouse unha terceira versión, Ariane 3. O último ciclo de mellora levou ó deseño e posta en funcionamento do Ariane 4.

O Ariane 4 podíase lanzar en cinco configuracións diferentes segundo levase foguetes adicionais aceleradores ou non e segundo o seu número e tipo de acleleradores: podía levar entre 2 e 4 PAP (foguetes aceleradores de propulsante sólido), entre 2 e 4 PAL (aceleradores de propelente líquido), unha combinación de ambos ou ser lanzado sen aceleradores. Tódolos lanzamentos se facían desde o complexo ELA-2.

Máis información Modelo, PAL ...
Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Data, Carga ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads