Holocéfalos

subclase de peixes cartilaxinosos From Wikipedia, the free encyclopedia

Holocéfalos
Remove ads

Os holocéfalos (Holocephali, do grego ὅλος hólos, 'todo' e κεφαλή kephalé, 'cabeza', isto é, "nos que todo é cabeza")[1] son unha subclase de peixes cartilaxinosos (Chondrichthyes).

Máis información Holocéfalos(Holocephali)Quimeras Rango fósil: Devoniano - actualidade, Clasificación científica ...
Thumb
Reconstrución dun Iniopteryx sp. do paleozoico.
Thumb
Chimaera monstrosa.

Só unha orde, a dos quimeriformes (Chimaeriformes), con tres familias que reúnen 47 especies, chamadas quimeras ou tiburóns fantasmas, sobreviven na actualidade,[2] pero o grupo foi moi diverso en épocas pasadas.

A morfoloxía destes animais coñécese desde o Devoniano, porén, a relación das formas fósiles coas actuais é aínda incerta.[3] A maioría dos expertos sospeitan que este taxon é en realidade un grupo parafilético.[4]

Remove ads

Características

O seu estraño aspecto, no que destaca unha gran cabeza protuberante, cunha boca que se asemella á dun coello, e cunha longa cola recorda á dunha rata, valeulles o nome de quimeras, que toman do monstro da mitoloxía grega formado por partes de diversos animais. Alcanzan tamaños de até 2 m, dos cales a maior parte corresponden á súa desmesurada cola. Unha espiña velenosa situada diante da aleta dorsal permítelles inxectar veleno a calquera animal que os ataque.

A diferenza dos tiburóns e as raias, as súas catro branquias están cubertas exteriormente por unha membrana de pel, análoga ao opérculo dos peixes óseos.[5] Os adultos carecen de espiráculo circular (que estaría derivado da primeira abertura branquial), presente unicamente de forma temporal no desenvolvemento embrionario.[6] Así mesmo, a mandíbula superior está fusionada co resto do cranio e presentan orificio anal e uroxenital separados.

Remove ads

Taxonomía

Os holocéfalos contan cun importante rexistro fósil a partir do Devoniano, con numerosas ordes extintas.[7]

Subclase Holocephali

Unha das especies máis coñecidas é a quimera monstruosa (Chimaera monstrosa).

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads