Devoniano
cuarto período da era paleozoica From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Devoniano[5] ou Devónico[6] é un período da época Paleozoica que abrangue o tempo entre os 400 e 345 millóns de anos antes do presente. Foi un período no que dominaron os peixes.
< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
Liña de tempo gráfica do Devoniano
-420 —
–
-415 —
–
-410 —
–
-405 —
–
-400 —
–
-395 —
–
-390 —
–
-385 —
–
-380 —
–
-375 —
–
-370 —
–
-365 —
–
-360 —
–
Este período sucede ao Silúrico e precede ao Carbonífero, ambos os dous da súa era.
Remove ads
Eventos xeolóxicos
Durante o Devoniano, formáronse grandes sistemas de arrecifes de coral que se expandiron nos mares tropicais.[7] Este período tamén viu a colisión de continentes que eventualmente levarían á formación de Laurusia.
Clima e bioloxía
O clima do Devoniano foi xeralmente cálido e estable, con poucas glaciacións. Este clima favoreceu a proliferación de plantas terrestres. As plantas vasculares comezaron a diversificarse significativamente, incluíndo os primeiros fieitos e as primeiras árbores altas e os primeiros bosques, o que contribuíu a cambios significativos na atmosfera e no solo, tendo un gran impacto nos ecosistemas e hábitats terrestres.
Evolución biolóxica
O Devoniano é coñecido como a "Era dos Peixes" debido á gran diversificación e abundancia de peixes, incluíndo os primeiros peixes con mandíbulas e os primeiros peixes óseos. Tamén foi testemuña da aparición dos primeiros tetrápodos, que serían os precursores dos anfibios.
Os graptólitos graptoloides extinguíronse e os trilobites iniciaron a súa decadencia. Neste período tamén xorden as primeira formas de ammonoides, que se extinguirán a finais do período Cretáceo, xunto cos dinosauros. A vida terrestre, permanece dominada por artrópodes como escorpións e escolopendras[8]
Extinción do Devoniano tardío
Cara ao final do Devoniano, ocorreu unha extinción masiva que afectou gravemente a vida mariña, incluíndo os arrecifes de coral e moitas especies de peixes. As causas desta extinción non están completamente claras, pero poderían incluír cambios climáticos, redución de osíxeno nos océanos e impacto de asteroides.
Remove ads
Galería de imaxes
Vida mariña do Devoniano
- O período Devoniano veu o desenvolvemento dos primeiros tiburóns, peixes placodermos blindados e varios peixes con nadadeiras lobadas.
- Dunkleosteus Un peixe placodermo Local: Estados Unidos Lonxitude: 6 m
- Titanichthys Un peixe placodermo
- Coccosteus Un peixe placodermo Local: Europa e América do Norte Lonxitude: 24 cm
- Panderichthys un peixe sarcopteríxio
- Tiktaalik un peixe sarcopteríxio
- Cladoselache Un tiburón primitivo Local: Europa e América do Norte Lonxitude: 1,8 m
- Climatius Un peixe acantódio Local: Europa e América do Norte Lonxitude: 55 cm
- Cheirolepis Un peixe actinopteríxeo Local: América do Norte Lonxitude: 5,5 cm a 7,5 cm
- Acanthostega un tetrápode.
- Schinderhannes, un membro da familia Anomalocaridae.
- Palaeacanthaspis, un placodermo.
- Gogonasus, un tetrapodomorfo.
- Mimetaster, un artrópodo.
- Elginerpeton, un tetrápode.
- Bothriolepis, un peixe.
- Paraplesiobatis, un placodermo.
- Hyneria, un peixe.
- Eoarthropleura, un milípede.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads