Homo cepranensis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Homo cepranensis é o nome proposto para unha especie humana para a que só se coñece un córtex cranial descuberto no 1994[1]. O fósil descubriuno o arqueólogo Italo Biddittu e este deulle o alcume de home de Ceprano, en referencia á vila máis próxima ao sitio arqueolóxico, que está na Provincia de Frosinone[2].
A idade do fósil estímase que está entre os 350,000 e os 500,000 anos de antigüidade[3]. Un sitio adxacente, Fontana Ranuccio, datouse con 487,000 ± 6000 anos e Muttoni et al. suxeriron que Ceprano é probablemente de 450,000 anos de antigüidade.
As características faciais do óso semellan ser intermedias entre as atopadas para Homo erectus e especies máis posteriores como Homo heidelbergensis, que dominaría Europa moito antes de Homo neanderthalensis. Suxeriuse que H. cepranensis é un devanceiro de Homo neanderthalensis[4], mais non hai suficientes restos e material como para completar a análise dese individuo.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads