Horta Sud

comarca da Comunidade Valenciana From Wikipedia, the free encyclopedia

Horta Sudmap
Remove ads

A Horta Sud (en galego Horta Sur) ou Horta-Albufera é unha comarca valenciana do centro do País Valencià, con capital en Catarroja (aínda que non é capital administrativa nin histórica) dende que se formou a actúal comarca, substituíndo a Torrent, a cal pasou a formas da Horta Oest.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Thumb
Casa do Concello de Benetússer
Remove ads

Xeografía

Limita ao norte coa Horta Oest, ao norte e ao leste coa cidade de Valencia e a Albufeira, ao sur coa Ribera Baixa e a Ribera Alta.

Cabe nomear a Mancomunidade Intermunicipal da Horta Sud, que é unha agrupación voluntaria de municipios con carácter xurídico que ten por finalidade a prestación conxunta de servizos e competencias supramunicipais, abarcando un ámbito administrativo superior ao delimitado pola propia comarca da Horta Sur, posto que pertencen a ela tódolos municipios da Horta Sud (a excepción de Albal) e a Horta Oest (a excepción de Paterna).

Os municipios desta comarca son:

Máis información Municipio, Poboación ...
Remove ads

Lingua

A Horta Sud atópase dentro do ámbito lingüístico valenciano-parlante, aínda que debido á chegada de numerosos inmigrantes castelán-parlantes nas décadas dos anos 60 e 70, en númerosos municipios foise reducindo o número de persoas de fala habitual valenciana.

Historia

Antigamente a Comarca da Horta de Valencia incluía as actuais comarcas da Horta Nord, Horta Oest, Horta Sud e a cidade de Valencia. Debido ao crecemento de todas estas comarcas vaise dividir nas catro comarcas actuais.

A comarca da Horta Sud, como o resto das Comarcas do País Valenciano, é de creación moderna, no ano 1989, e comprende parte da antiga comarca da Ribera Baixa, e parte da histórica Horta de Valencia. Estas comarcas antigas aparecen no mapa de comarcas de Emili Beüt i Belenguer "Comarques naturals del Regne de València" publicado no ano 1934.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads