Alaquàs
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alaquàs é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.297 habitantes (INE 2008).
Remove ads
Xeografía
Situado a 42 m de altitude e con 3,9 km² de extensión, localízase na Horta de Valencia, a 7 km ao oeste da capital provincial e pertencente á comarca da Horta Oest. Limita ao norte e ao oeste co municipio de Aldaia, e ao Sur co de Torrent e o de Picanya, e finalmente ao Leste co de Xirivella.
Historia
Antiga alquería musulmá, a súa titularidade foi outorgada por Jaume I a Bernat Castellnou no ano 1238, o cal cambiouna por outras posesións a Ponç Soler. Posteriormente, confiscóuselle e pasou a mans da Coroa. En 1319 Joan Escrivà comprou o señorío e despois adquiriuno a familia Vilaragut, que o venderon no século XV aos Aguilar. Despois pasou a ser patrimonio dos Pardo de la Casta. Un dos membros desta familia, Lluís Pardo, obtivo o título de conde de Alaquàs no ano 1577. Máis tarde, o condado pertenceu aos marqueses de Manfredi e, despois ao barón de Bolbait. Deste momento consérvase o palacio-castelo levantado baixo o patrimonio de Lluís Pardo de la Casta e recentemente recuperado para o público xeral polo Concello de Alaquàs; trátase dunha construción de planta cuadrangular, con catro torres de 25 m. de altura, das cales só conservábanse tres. Nunha recente restauración reconstruíuse a cuarta torre.
Etimoloxía
O nome de Alaquàs é de orixe arábiga, xa que provén do árabe al-aquas الأقواس, é dicir, "os arcos" ou "as arcadas", e fai referencia a unha localidade situada ao redor de vinte quilómetros do Barranc de Torrent. Como un caldeirón procedente de Manises está construída con moitas arcadas, ou debido á posible existencia dunhas arcadas dalgunha ponte moura xa desaparecida, os árabes chamárono desta forma. Xa durante a conquista cristiá, logo de sitiar a localidade, Jaume I deu a Berenguer de Castellnou Alaquaz, tal como consta no documento de concesión.
Remove ads
Demografía
Nos anos 60 do século XX produciuse unha grande chegada de inmigrantes de Andalucía e Castela o que fixo aumentar a poboación considerabelmente até acadar uns 24.000 habitantes en 1986 e chegando aos 30.297 no ano 2008.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads