Hoste
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha hoste era, na Idade Media, a reunión de homes armados formando un exército tras o chamamento de prelados ou rico-homes, co obxectivo de realizar expedicións ou acudir á guerra. Formábano as mesnadas dos vasalos, cabaleiros, ordes militares e príncipes estranxeiros.
Xunto a elas combatían en ocasións outros homes armados con relacións de vasalaxe puramente bélicas, co obxectivo de conseguir beneficios sociais ou económicos das súas vitorias.
Nun principio toda a poboación estaba obrigada a formar parte das hostes,[Cómpre referencia] sendo máis selectivos co paso do tempo, segundo se melloraban as técnicas de combate.
Remove ads
Creación do termo
Ao comezo da Idade Media, non existía unha palabra concreta para denominar estes grupos de persoas con obxectivos militares. No galego medieval vacilaba entre as formas oste e hoste e xa aparece con ese significado nas Cantigas de Santa María.[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads