How to Destroy Angels
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
How to Destroy Angels é unha banda de post-industrial estadounidense composta polo líder de Nine Inch Nails Trent Reznor, a súa muller Mariqueen Maandig e Atticus Ross. Rob Sheridan é o director artístico do grupo. O seu nome está sacado dun sinxelo da banda Coil aparecido en 1984.
Remove ads
Historia
A primeira edición da banda foi un EP de 6 temas, How to Destroy Angels, editado o 1 de xuño do 2010 de xeito gratuíto a través da súa web. Do EP sacouse o sinxelo "A Drowning", e unha segunda canción, "The Space in Between", estreouse como vídeo en Pitchfork o día 14 de maio. O vídeo foi dirixido por Rupert Sanders, e ámbalas dúas cancións foron lanzadas como arquivos de son multipista.
Un terceiro tema, "The Believers", estivo dispoñible a través da aplicación para o iPad da revista Wired, xunto cunha análise da canción, e tamén como descarga gratuíta a través da páxina oficial.
Segundo dixo Trent Reznor nunha entrevista en Times Talk no ano 2011, a banda está traballando nun novo EP. Falando do seu son comentou que sería máis rítmico, distinto ao do primeiro e afirmou que aparecería ao longo do 2011, posiblemente de cara ao verán.
Remove ads
Discografía
Álbums de estudio
- Welcome Oblivion - 2013 (Columbia Records)
EPs
- How to Destroy Angels - 2010 (The Null Corporation)
- An omen EP - 2012 (Columbia)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads