Hristo Stoichkov

futbolista búlgaro From Wikipedia, the free encyclopedia

Hristo Stoichkov
Remove ads

Hristo Stoichkov, nado en Plovdiv o 8 de febreiro de 1966, é un ex-futbolista e adestrador búlgaro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Debutou en 1981 nun equipo de 2ª división de Bulgaria, o Maritza Plovdiv, para fichar en 1982 polo Zhevros Jarmanli. Marchou ao CSKA de Sofía en 1985, onde gañou tres ligas e catro copas de Bulgaria.

En xullo de 1990 fichou polo FC Barcelona, que pagou por el 400 millóns de pesetas, e co que gañou catro ligas consecutivas, unha Copa de Europa (1992), tres Supercopas españolas e unha Supercopa de Europa de Fútbol (1993).

Ao longo desta época Hristo converteuse nunha estrela do Barça, e para moitos é un dos mellores xogadores que pasaron polo Camp Nou. Amais foi un dos protagonistas indiscutibles do chamado "Dream Team" blaugrana, xunta Andoni Zubizarreta, Albert Ferrer, Ronald Koeman, Miguel Angel Nadal, Josep Guardiola, José Mari Bakero, Michael Laudrup, Eusebio Sacristán, Txiki Begiristain, Julio Salinas e máis tarde, Romário.

Na tempada 1990-91 foi sancionado ó longo máis de media liga por pisar ó árbitro Urízar Azpizarte. En 1995 fichou polo Parma italiano, pero regresou ó F. C. Barcelona en 1996, equipo que abandonou para volver ó CSKA de Sofía en 1998. Despois xogou en Ó Nasr de Arabia Saudita, no Kashiwa Reysol xaponés, no Chicago Fire Soccer Club e no DC United de Estados Unidos, onde colgou as botas no 2004.

Foi galardoado coa Bota de Ouro, xunto ó mexicano Hugo Sánchez en 1990, Balón de Ouro (1994) e segundo mellor xogador do mundo segundo a FIFA en 1995. Está incluído na lista FIFA 100.

Coa selección do seu país alcanzou as semifinais da Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994. Tras 17 anos na selección, xogou o seu derradeiro partido co combinado búlgaro fronte á Inglaterra en 1999.

En 2004 asumiu o cargo de seleccionador nacional do seu país. O feito destacado deste período de técnico é que o capitán do equipo, Stilian Petrov, decidiu deixa-la selección, o día 12 de outubro de 2006, por non estar de acordo con Hristo. É o terceiro xogador do equipo e o segundo capitán que sae do equipo en dous anos por diferenzas con Stoichkov.

O 10 de abril de 2007 dimitiu como seleccionador búlgaro para facerse cargo do banco do Celta, posto co que descendeu a segunda división e do que saíu a comezos de outubro de 2007.

Máis información temp., club ...
Remove ads

Palmarés

Títulos nacionais

Co CSKA Sofia

  • 3 Liga Búlgara (86/87,88/89,89/90)
  • 3 Copa Búlgara (1987, 1988, 1989)
  • 1 Supercopa Búlgara (1989)

Co FC Barcelona

Títulos Internacionais

Co FC Barcelona

Trofeos españois

Títulos Individuais

Remove ads

Participacións en Mundiais

Coa Selección de Bulgaria

Participacións na Eurocopa

Coa Selección de Bulgaria

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads