D.C. United

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O D.C. United é un club de fútbol que xoga na Major League Soccer. O equipo foi fundado en 1995 en Washington, D.C. polo que xoga na Conferencia Este da MLS. É o equipo máis laureado de todo Norteamérica, xa que conta nas súas vitrinas con máis de trinta títulos nacionais e internacionais. Foi o primeiro equipo en gañar a MSL Cup no ano 1996. O apelativo United foi elixido en honor aos clubs europeos que levan ese nome, como o Manchester United ou o Leeds United.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

O seu máximo rival é o New York Red Bulls cos que disputan o derbi do Atlántico. Os xogadores máis importantes que militaron nas filas dos Black-and-Red son Jaime Moreno, Eddie Pope e Marco Etcheverry.

Remove ads

Historia

O primeiro partido oficial do D.C. United disputouse un 6 de abril de 1996 contra o San Jose Clash. Os primeiros anos do DCU foron moi exitosos gañando a U.S. Open Cup no ano 1996, a MLS Cup nos anos 1996,1997 e 1999 e ademais conseguiu os seus primeiros títulos internacionais no ano 1998, a Liga de Campións da CONCACAF e a Copa Interamericana.

Tras varios anos de seca e coa incorporación do arxentino Christián Gómez conseguiron no ano 2004 a súa cuarta MLS Cup fronte o Kansas City Wizards. Nos anos 2006 e 2007 o D.C. United gañou a MLS Supporters' Shield, e foi o primeiro equipo en conseguir face-lo de maneira consecutiva. O equipo sufriu unha mala racha estando cinco anos sen clasificarse aos MLS Cup Playoff. No ano 2013 realizou a peor tempada da súa historia, onde só puideron lograr tres vitorias na fase regular, aínda que conseguiron gañar a U.S. Open Cup, título que non conseguían dende o 2008. O ano seguinte o equipo reaccionou quedando primeiros na Conferencia Leste, pero foron eliminados nas semifinais de Conferencia.[2]

Remove ads

Xogadores [3]

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

MVP da tempada

Máis información Datas, Nome ...

Títulos

Nacionais

Internacionais

  • CONCACAF: 1998.
  • Copa Interamericana: 1998.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads