Hubei
provincia da China From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hubei é unha provincia da República Popular da China.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2023.) |
Remove ads
Información xeral

Hubei [xǔpèi] (?·i) ju-béi en chinés, 湖北; pinyin, Húběi; transcrición antiga, Hupei ou Hupeh lit. norte do lago Dongting) é unha das vinte e dúas provincias da República Popular China. A súa capital e cidade máis poboada é Wuhan.
Xeografía
Está situada na rexión Sur-central limitando ao norte con Henan, ao leste con Anhui, ao sur con Jiangxi e Hunan, ao oeste con Chongqing e ao noroeste con Shaanxi. Ten unha extensión de 187 400 km².
Á parte da capital, Huangshi é outra das cidades industriais que se atopa na provincia. O nome Hubei significa norte do lago, facendo referencia á súa posición ao norte do lago Dongting.
Un dos principais diques da presa das Tres Gargantas, cuxa construción se iniciou en 1993, está situada na cidade de Yichang, ao oeste da provincia, o que provocou un importante movemento migratorio de habitantes desa zona cara a outras partes da rexión.
A súa xeografía é moi variada: desde altas montañas como o pico Shennongding de 3.105 metros de altura a profundos vales. O clima é monzónico subtropical con temperaturas que no verán poden superar os 40 °C. Os habitantes proceden de 50 etnias diferentes, aínda que a predominante é hana.
Remove ads
Economía
Hubei é coñecida como a terra do arroz e do peixe xa que estes dous produtos son a base da súa economía. Outros cultivos destacados na provincia son o do té, algodón e trigo. Posúe industrias metalúrxicas, automobilísticas, de maquinaria e téxtiles. Os principais recursos mineiros da rexión son o bórax, ferro, fósforo, cobre, ouro e manganeso.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads