Hunan

provincia de China From Wikipedia, the free encyclopedia

Hunanmap
Remove ads

Hunan (en chinés 湖 南, en pinyin: Húnán) é unha provincia situada no centro da China.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Thumb
O Pico dos cinco dedos, de areísca cuarzosa de Wulingyuan, en Hunan, patrimonio da Humanidade
Remove ads

Xeografía, historia, etnias e linguas

A súa capital e cidade máis grande es Changsha, nas ribeiras do río Xiang. Cunha poboación de pouco máis de 67 millóns de habitantes (datos de 2014), que residen nun territorio de aproximadamente 210 000 km², é a sétima provincia máis poboada da China e a décima provincia máis extensa do país.

O nome de Hunan significa literalmente «sur do lago».[1] Este lago ao que se fai referencia é o lago Dongting, no nordeste da provincia. Situada no treito medio da conca do río Yangtzé, limita coas provincias de Hubei ao norte, Jiangxi ao leste, Guangdong e Guangxi ao sur, Guizhou ao oeste e Chongqing ao noroeste.

A zona de Hunan caeu baixo o dominio chinés contra o ano 350 a. C., cando a provincia converteuse en parte do Estado de Chu. Hunan foi o lugar de nacemento do revolucionario comunista chinés Mao Zedong,[2] quen se convirteu no pai fundador da República Popular Chinesa.

Hoxe en día, Hunan é o fogar dalgunhas minorías étnicas, incluídos os tujia e os miao, xunto cos chineses han, que constitúen a maioría da poboación. As variedades de chinés que se falan inclúen o xiang, o gan e o mandarín do suroeste. O sitio de Wulingyuan foi inscrito como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.[3]

Remove ads

Divisións administrativas

Hunan divídese en catorce divisiónes do nivel de prefectura: trece cidades de nivel de prefectura e unha prefectura autónoma:

Máis información Mapa, # ...

As catorce divisións a nivel de prefectura de Hunan subdivídense en 122 divisións a nivel de condado (35 distritos, 17 cidades-condado, 63 condados e 7 condados autónomos). Estas á súa vez comprenden 2 587 divisións a nivel de municipio (1098 pobos, 1 158 municipios, 98 pobos étnicos, 225 subdistritos e oito oficinas públicas de distrito). A finais de 2017, a poboación total era de 68,6 millóns de habitantes.

Áreas urbanas

Máis información Poboación por áreas urbanas de prefecturas e cidades-condado, # ...
Remove ads

Política

Thumb
Estatua do mozo Mao Zedong en Hunan.

A política de Hunan está estruturada nun sistema de duplo partido-goberno como todas as demais institucións de goberno da China continental.

O gobernador de Hunan é o funcionario de máis alto rango no goberno popular de Hunan.

Porén, no sistema de goberno de duplo partido-goberno da provincia, o gobernador ten menos poder que o Secretario do Comité Provincial do Partido Comunista Chinés de Hunan, denominado coloquialmente como o "Xefe do PCCh de Hunan".

Cultura

A industria cultural de Hunan xerou 87 mil millóns de iuans en valor económico en 2007, e é un importante contribuínte ao crecemento económico da provincia. Esta industria representa o 7,5 % do PIB da rexión.[Cómpre referencia]

Idioma

O chinés xiang (湘語) é a variedade homónima de chinés que se fala en Hunan. Ademais do chinés xiang, tamén hai outros dialectos e idiomas presentes, como o mandarín do suroeste, o hakka, o waxiang e o shaozhou tuhua. O Nü shu, un sistema de escritura para o shaozhou tuhua, úsase exclusivamente entre mulleres no condado de Jiangyong e áreas veciñas no sur de Hunan.[Cómpre referencia]

Gastronomía

A cociña de Hunan destaca polo uso case ubicuo de chiles, allos e chalotas. Estes ingredientes dan lugar a un sabor distintivo seco e picante (en chinés 干辣; gān là),[8] con pratos como touciño afumado e carne de res picante rustrida como exemplos principais do sabor.[8]

Música

O huaguxi é unha forma local de ópera chinesa que é moi popular na provincia de Hunan.[Cómpre referencia]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads