HumSat-D
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
HumSat-D é un satélite artificial da Universidade de Vigo lanzado o 21 de novembro de 2013 mediante un foguete Dnepr desde Dombarovskiy.[4][5]
Remove ads
Características
HumSat-D é un satélite tipo CubeSat feito pola Universidade de Vigo para formar parte do proxecto HumSat, consistente nunha constelación de satélites de comunicacións para dar cobertura a áreas do planeta sen a infraestrutura de telecomunicacións adecuada. O proxecto HumSat baséase na colaboración internacional e está respaldado pola ONU.[4][5]
HumSat-D é un CubeSat estándar de 10 cm de lado e 1 kg de masa baseado no Xatcobeo. Non ten control de actitude nin propulsión e foi despregado desde o satélite UniSat 5. É o primeiro membro de proba da constelación HumSat e o "D" do seu nome quere dicir "demostrador". O obxectivo principal do satélite é educativo, proporcionando experiencia de primeira man aos estudantes que participaron na súa construción. O obxectivo secundario é validar o concepto de HumSat usando o subsistema HUMPL para recoller datos desde sensores en estacións terrestres, envialos ao satélite para gardalos a bordo e transmitilos cando sobrevoe unha estación de escoita.[4][5][6]
As probas do satélite previas ao lanzamento para comprobar que era apto para o espazo fixéronse no Centro de Investigación e Tecnoloxía Espacial da Axencia Espacial Europea (ESTEC por ESA's Space Technology and Research Centre) nos Países Baixos. HumSat-D foi sometido a intensos ciclos de frío e calor nunha cámara de baleiro para simular o contraste térmico no espazo, permitindo atopar fallos que terían resultado na perda da misión e que foron resoltos coa asesoría da ESA.[7]
Despois de varios meses en órbita o satélite xa recibira varios miles de comandos e descargara varios megabytes de telemetría durante os seus pases sobre Vigo, onde se reciben os seus sinais, co que se consideraron os obxectivos cumpridos.[4][5][8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads