IES Lucus Augusti

centro público de ensino secundario en Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

IES Lucus Augustimap
Remove ads

O IES Lucus Augusti é un instituto de Ensino secundario sito na cidade de Lugo. Foi creado a partir dunha Real Orde do 30 de novembro de 1842.[1] É, polo tanto, o instituto decano de Galicia e un dos Institutos Históricos de Galicia e forma tamén parte da Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos (ANDPIH). Ao longo da historia recibiu os nomes de Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Lugo,[2] Instituto Nacional de Lugo,[3] Instituto de Lugo[4] e Instituto Masculino de Lugo.[5]

Datos rápidos Tipo, Datas ...
Thumb
Decreto polo que se crea o Instituto de Lugo (antecesor do IES Lucus Augusti), na Gaceta de Madrid do 6 de decembro de 1842.
Remove ads

Recoñecementos

O 6 de marzo de 2018, o Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo y Montojo, concedeulle ao instituto o ingreso na Orde Civil de Afonso X o Sabio, na que se premia os méritos en educación, cultura e ciencia.[6] En febreiro de 2019, a Ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, entregou unha placa conmemorativa acreditando o acto.[7][8][9][10]

Etapas e localizacións físicas do instituto

  • 1842-1848: Edificio do Seminario Conciliar (hoxe, o colexio Franciscanos, de Lugo).
  • 1848-1862: marchou a Monforte.
  • 1862-1873: no edificio do concello, na parte posterior.
  • 1873-1950: nun lateral do edificio construído para albergar a Deputación.
  • 1950-actualidade: edificio actual.

Lista de directores (até 1975)

Esta é unha lista dos directores, nas diferentes estapas do instituto, até 1975.[11]

Máis información Período, Nome ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads