IES Pintor Colmeiro
instituto público de secundaria en Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Instituto de Ensinanza Secundaria Pintor Colmeiro é un centro público de ensino medio de Silleda.
Remove ads
Características
Comezado a construír en 1998 e inaugurado en 1999, está situado ás aforas do núcleo urbano, ao pé da estrada que une esta vila con Forcarei. Leva o nome do pintor Manuel Colmeiro, nado no concello de Silleda.
Conta con 42 docentes e aproximadamente 375 alumnos repartidos entre a ESO, a educación de persoas adultas, o bacharelato e a formación profesional. Os ciclos de formación profesional que imparte son: ciclo medio de Guía no medio natural e do tempo libre e ciclo básico de Servizos comerciais.
Dende setembro de 2011 ata xuño de 2024 o director do centro foi Xesús Fernández Sulleiro. O 1 de xullo de 2024 tomou o relevo na dirección do centro a docente Mª Laura López Peña.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads