IRAS
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
IRAS (acrónimo de Infrared Astronomical Satellite) foi un observatorio espacial conxunto entre a NASA, os Países Baixos e o Reino Unido, lanzado o 26 de xaneiro de 1983 mediante un foguete Delta 3910 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
Remove ads
Características
IRAS foi lanzado para facer un estudo completo do ceo no rango de lonxitudes de onda do infravermello entre os 8 e os 120 micrómetros. As observación de IRAS aumentaron nun 70% o catálogo de obxectos infravermellos coñecidos no ceo, chegando a detectar 350.000 fontes infravermellas.[1][2][5][6]
IRAS levaba a bordo un telescopio de tipo Ritchey-Chretien refrixerado por helio a unha temperatura de 10 K e que contiña 62 detectores que en conxunto podían observar en bandas centradas en 12, 25, 60 e 100 micrómetros e cunha precisión na localización dos obxectos observados de 0,5 minutos de arco. Tamén levaba un espectrómetro de baixa resolución e un fotómetro para as lonxitudes de onda de 60 e 100 micrómetros.[2][5]
IRAS deixou de funcionar o 21 de novembro de 1983.[2][5]
Os seus datos fixeron posible a descuberta de Faetón.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads