Izquierda Unida

partido político español From Wikipedia, the free encyclopedia

Izquierda Unida
Remove ads

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...
Remove ads

Estrutura

Segundo os seus estatutos, é un movemento político, social e cultural que se conforma nunha organización, política e xuridicamente soberana, que ten como obxectivo transformar gradualmente o sistema capitalista económico, social e político, nun sistema socialista democrático, fundamentado nos principios de xustiza, igualdade e solidariedade, organizado en forma dun Estado de dereito federal e republicano. Foi creada ao redor das mobilizacións contra o ingreso de España na OTAN en 1986. Inicialmente foi formada polo Partido Comunista de España (PCE), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Partido de Acción Socialista (PASOC), Izquierda Republicana (IR), a Federación Progresista (FP), o Partido Carlista e o Partido Humanista, así como independentes. Gradualmente estes partidos foron marchando de IU e actualmente está constituída polo PCE, Colectivo de Unidad de los Trabajadores e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI). En Cataluña IU non actúa, o seu referente político alí Esquerra Unida i Alternativa é unha organización soberana.

Remove ads

Funcionamento interno

Ten ó redor de 70.000 afiliados. O seu responsable máximo dende 2016 é o coordinador xeral Antonio Garzón, e anteriormente Cayo Lara, Gaspar Llamazares, Gerardo Iglesias e Julio Anguita.

Federacións

IU ten unha organización federal da que forman parte quince federacións que teñen unha denominación específica:

  • en Andalucía, Izquierda Unida - Los Verdes Convocatoria por Andalucía;
  • en Galiza Esquerda Unida-Izquierda Unida;
  • no País Valenciano Esquerra Unida del País Valenciá;
  • en Baleares Esquerra Unida de les Illes Balears;
  • en Navarra Izquierda Unida de Navarra-Nafarroako Ezker Batua;
  • en Aragón Izquierda Unida de Aragón;
  • en Castela-A Mancha Izquierda Unida - Izquierda de Castilla La Mancha;
  • nas Canarias Izquierda Unida Canaria;
  • en Asturias Izquierda Unida de Asturias - Izquierda Xunida d'Asturies;
  • en Cantabria Izquierda Unida de Cantabria;
  • en Estremadura Izquierda Unida - Compromiso por Extremadura;
  • en Castela e León Izquierda Unida de Castilla y León;
  • en Ceuta Izquierda Unida de Ceuta;
  • na Rioxa Izquierda Unida de La Rioja;
  • en Madrid Izquierda Unida Comunidad de Madrid;
  • en Melilla Izquierda Unida de Melilla; y
  • en Murcia Izquierda Unida de la Región de Murcia.

Ademais existen dúas organizacións soberanas federadas a IU: Ezker Batua no País Vasco e Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña.

Remove ads

Resultados electorais

ElecciónsLíder/CandidatoVotosPorcentaxeRepresentantes
1986 XeraisGerardo Iglesias935.5044,63%7 deputados
1987 MunicipaisGerardo Iglesias1 399 3647,18%2.315 concelleiros
1987 EuropeasGerardo Iglesias1 011 8305,25%3 eurodeputados
1989 XeraisJulio Anguita1 858 5889,07%17 deputados
1989 EuropeasJulio Anguita961.7426,06%4 eurodeputados
1991 MunicipaisJulio Anguita1 579 0978,38%2.614 concelleiros
1994 EuropeasJulio Anguita2 497 67113,44%9 eurodeputados
1995 MunicipaisJulio Anguita2 589 78011,68%3.493 concelleiros
1996 XeraisJulio Anguita2 639 77410,54%21 deputados
1999 MunicipaisJulio Anguita1 387 9006,52%2.295 concelleiros
1999 EuropeasJulio Anguita1 221 5665,77%4 eurodeputados
2000 XeraisFrancisco Frutos1 263 0435,45%8 deputados
2003 MunicipaisGaspar Llamazares1 394 8716,68%2.198 concelleiros
2004 XeraisGaspar Llamazares1 284 0814,96%3 deputados
2004 EuropeasGaspar Llamazares643.1364,15%1 eurodeputado


  • A partir do 2004, IU concorre ás eleccións coaligada con ICV, na táboa móstranse apenas os deputados obtidos por IU, e non os que foron para ICV.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads