Iafet

From Wikipedia, the free encyclopedia

Iafet
Remove ads

Segundo o Xénese, no capítulo décimo, Iafet (en hebreo: יפת בן-נוֹחַ Iafeth ben Nōah‎; en árabe: يافث بن نوح, Yāfiṱ ibn Nūh) é fillo de Noé[1], irmán de Sem e Cam, e pai de Gomer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.[2][3]

Datos rápidos Biografía, Familia ...

Sobreviviu ao Diluvio Universal grazas á Arca de Noé, onde Xehová mandou a Noé que levase á súa muller, aos seus fillos e ás súas esposas.[4] Tradicionalmente considérase que Iafet e os seus descendentes poboaron a Europa actual, como no Xénese, no capítulo coñecido como a Táboa dos pobos,[5] indícase que viaxaron ás illas xentís, que seica se refire ás illas de Grecia, aínda que existen outras tradicións como a británica, que afirma que Samotes (que sería asimilado a Gomer), o cuarto fillo de Iafet, viaxou á Gran Bretaña e foi proclamado primeiro rei de Britania, baseado no texto Berosi Antiquitatum libri quinque cum Commentariis Joannis Annii, atribuído ao historiador Beroso o Caldeo; un falso-Beroso baixomedieval tamén xustificaba unha inventada dinastía de reis hispánicos que rexeran na Península Ibérica descendentes de Iafet.[6][7]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads