Iago ap Beli

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Iago ap Beli, nado ca. 540 e finado ca. 616, foi rei de Gwynedd entre 599 e 616. Pouco se sabe del ou do seu reino nesta época temperá, con só algunhas mencións anecdóticas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Iago ap Beli (en latín: Iacobus Belii filius, en inglés: Saint James son of Beli) foi fillo e sucesor de Beli ap Rhun, e figura nas xenealoxías harleianas.[1][2] A outra información histórica da que dispoñemos procede da información da súa morte, que tivo lugar o mesmo ano da batalla de Chester (en galés: Gwaith Caer Lleon), sen conexión entre un evento e outro.[3][4] Sucedeuno o seu fillo, Cadfan ap Iago.

A publicación de 1766 de Mona Antiqua Restaurata de Henry Rowlands di que os arquivos da catedral de Bangor mencionan a Iago como fundador dun decanato alí ("Iago ap Beli Rex Decanatu Ecclesiam ditavit ").[5] Aínda así, a exactitude da declaración foi posta en dúbida polo traballo de Haddan e Stubbs, onde sinalan que "o testemuño histórico máis antigo dun decano en Bangor é 1162".[6]

Nas tríades medievais galesas, a morte de Iago ap Beli descríbese como o resultado dun golpe de machada dun dos seus homes, un tal Cadafael Wyllt (en inglés: Cadafael the Wild).[7] No seu Celtic Britain, John Rhys afirma que os Anais de Tigernach mencionan a morte de Iago e usan a palabra dormitat (ou dormitato, que significa sono como un eufemismo para a morte), contradicindo a idea dunha morte violenta. Ademais, dado que a palabra dormitato se usaba xeralmente en referencia ao clero, é posible que Iago abdicase e entrase na vida relixiosa.[8]

Remove ads

Geoffrey de Monmouth

As historias en gran parte ficticias de Gran Bretaña escritas por Geoffrey de Monmouth usan os nomes de moitas figuras históricas como personaxes de ficción. Unha destas historias emprega os nomes do fillo de Iago Cadfan e doutros contemporáneos, contando como un tal Edwin pasou a súa mocidade no exilio en Gwynedd, crecendo xunto ao neto de Iago, o futuro rei Cadwallon.[9]

Porén, unha "historia" tradicional xurdiu da ficción de Geoffrey mesturada coa historia real, o que implica que o futuro Edwin de Northumbria realmente pasou a súa mocidade en Gwynedd, crecendo xunto ao neto de Iago, o futuro Cadwallon. En realidade, Cadwallon e Edwin eran inimigos sen conexións xuvenís coñecidas: Edwin invadiu Gwynedd e levou aos Cadwallon ao exilio, e foi Cadwallon, en alianza con Penda de Mercia, quen finalmente derrotou e matou a Edwin en 633 na Batalla de Hatfield Chase (en galés: Gwaith Meigen). A historia da súa amizade xuvenil tería un certo atractivo romántico.

O que si sabemos é que en 588 morreu o rei Ælla de Deira, e Æthelfrith de Bernicia aproveitou a ocasión para invadir e conquistar Deira, levando ao exilio ao fillo de Ælla de 3 anos, o futuro Edwin de Northumbria. Edwin aliaríase con Raedwald de Anglia Oriental no ano 616, derrotando e matando a Æthelfrith e converténdose nun dos reis máis exitosos de Northumbria. A vida de Edwin no exilio é descoñecida, e non hai ningunha base histórica para colocalo en Gwynedd.[10]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads