Identidade nacional
identidad baseada no sentimento de pertenza a unha colectividade histórico-cultural definida From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A identidade nacional é a identidade ou sentido de pertenza dunha persoa en relación a un ou máis estados ou unha ou máis nacións.[1][2] É o sentido "dunha nación como un todo cohesionado, que está representada polas tradicións distintivas, a cultura e a lingua".[3]

A identidade nacional abrangue elementos tanto políticos como culturais.[4] Como fenómeno colectivo, pode xurdir da presenza de "elementos comúns" na vida cotiá das persoas: símbolos nacionais, lingua, historia da nación, conciencia nacional e artefactos culturais.[5] Subxectivamente, é un sentimento que se comparte cun grupo de persoas sobre unha nación, independentemente da súa condición de cidadanía legal.[6] En termos psicolóxicos, defínese como unha "conciencia da diferenza", un "sentimento e recoñecemento de 'nós' e 'eles'".[7] A identidade nacional pode incorporar a poboación, así como á diáspora, dos estados e sociedades multiétnicas que teñen un sentido de identidade común. As etnias con guións son exemplos da confluencia de múltiples identidades étnicas e nacionais dentro dunha soa persoa ou entidade.
Remove ads
Retos
Identidade étnica

Nos países que teñen varios grupos étnicos, a identidade étnica e nacional pode estar en conflito.[8] Estes conflitos adoitan denominarse conflitos etnonacionais. Un dos conflitos etnonacionais máis coñecidos é a loita entre o goberno de Australia e os aborixes australianos.[9] O goberno e a cultura maioritaria australiana impuxeron políticas e marcos que apoiaban a maioría dos valores culturais baseados en Europa e o inglés como lingua nacional. O estado non apoiou as culturas e linguas aborixes, que foron case erradicadas polo estado durante o século XX. Debido a estes conflitos, a poboación aborixe identifícase menos ou non se identifica coa identidade nacional australiana, mais as súas identidades étnicas son salientables.[10]
Remove ads
Conflitos

Nalgúns casos, a identidade nacional choca coa identidade civil dunha persoa. Por exemplo, moitos árabes israelís identifícanse como palestinos en Israel. Ao mesmo tempo, son cidadáns do estado de Israel, que entra en conflito coa nacionalidade palestina.[11]Os taiwaneses tamén enfróntanse a un conflito de identidade nacional coa identidade civil xa que houbo movementos que defenden a "independencia formal de Taiwán" e mudar o nome de "República da China" a "República de Taiwán".[12] Os residentes en Taiwán reciben tarxetas de identificación e pasaportes nacionais co nome de país "República da China", e unha parte deles non se identifican con "República da China", senón con "República de Taiwán".[13]
Remove ads
Marcadores identitarios
Os marcadores de identidade nacional son aquelas características utilizadas para identificar a unha persoa como posuidora dunha determinada identidade nacional.[14] Estes marcadores non son fixos senón fluídos, variando dunha cultura a outra e tamén dentro dunha cultura ao longo do tempo. Tales marcadores poden incluír lingua ou dialecto común, vestimenta nacional, lugar de nacemento, filiación familiar, etc.[15][16]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads