Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires

construción relixiosa en Taboada dos Freires, Taboada From Wikipedia, the free encyclopedia

Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires
Remove ads

A Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires é un templo románico da parroquia de Taboada dos Freires, no concello de Taboada (provincia de Lugo), construído en 1190.[1]

Datos rápidos Tipo, Estilo ...
Remove ads

Descrición

É das poucas igrexas construídas polos templarios[Cómpre referencia] no concello e das poucas na súa contorna.

Consiste nunha soa nave de planta basilical, que foi prolongada na súa cabeceira aproximadamente en 1920. Do punto de vista estético, cabe destacar a portada occidental, onde hai unha representación de Sansón degolando un león relizada polo mestre Pelaxio, enmarcada en arquivoltas. A parte románica da nave conta con canzorros, e tamén hai unha xanela que foi recolocada na cabeceira cando foi ampliada. No interior, cabe salientar un retablo en madeira de principios do século XX.

Xusto en fronte da igrexa estaba a casa reitoral, construída no século XVII e que posibelmente albergase no seu momento un mosteiro, que estivo habitada aproximadamente até 1980 e que en 2018 se veu abaixo, após décadas de desleixo.[2]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads