Igrexa do Oriente
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Igrexa do Oriente (en siríaco: ܥܕܬܐ ܕܡܕܢܚܐ, ʿĒ(d)tāʾ d-Maḏn(ə)ḥāʾ), coñecida historicamente como Igrexa nestoriana foi unha igrexa de tradición siríaca, estabelecida na Asiria aqueménida entre os séculos I e III. Converteuse na igrexa do Imperio Sasánida e espallouse con rapidez por toda Asia, con dioceses dende o mar Mediterráneo até a China e a India. Hoxe, varias igrexas reclámanse herdeiras dela.
Remove ads
Características
A maior autoridade na Igrexa do Leste era o patriarca de Seleucia-Ctesifonte, en sucesión directa dos apóstolos. Dende un punto de vista litúrxico, tratábase dunha igrexa de rito siro-oriental, e dende un punto de vista teolóxico foi asociada máis tarde co nestorianismo, que enfatizaba a diferenza entre as naturezas humana e divina de Xesús Cristo.
Igrexas sucesoras
As igrexas sucesoras da Igrexa do Oriente son a Igrexa católica caldea, a Igrexa asiria do Oriente, a Antiga Igrexa do Oriente, e a Igrexa católica siro-malabar. Son tamel herdeiras dela as igrexas da India xurdidas dun cisma no século VII.
![]() |
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads