Ikaros

Vela solar experimental xaponesa. From Wikipedia, the free encyclopedia

Ikaros
Remove ads

Ikaros (acrónimo de Interplanetary Kite-craft Accelerated by Radiation Of the Sun), foi unha vela solar experimental da axencia espacial xaponesa JAXA lanzada o 20 de maio de 2010 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Ikaros foi a primeira vela solar en usar propulsión fotónica xunto con delgadas células solares como fonte de enerxía. Foi inxectada nunha órbita interplanetaria cara Venus xunto coa sonda Akatsuki. Tras separarse do foguete portador, a vela solar despregouse xirando sobre si mesma a 20 r.p.m., tarefa facilitada por catro pesos colocados en cada unha das esquinas da vela.[2][5][6]

Ikaros ten forma de cadradao, cunha diagonal de 20 metros. Está feita de poliamida cun espesor de só 0,0075 mm na cal can inseridas tanto células solares ultrafinas como dispositivos ópticos para manobrar a vela e instrumentos como detectores de po. Ikaros levaba consigo dous pequenos subsatélites, chamados DCAM 1 e DCAM 2, liberados para sacar fotos da vela desde certa distancia.[2][5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads