Ill Niño

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ill Niño
Remove ads

Ill Niño é un grupo estadounidense de latin metal formado en Nova Jersey a comezos do ano 2000. Tódolos integrantes do grupo teñen orixe latinoamericana, sendo orixinarios ou descendentes de países coma Perú, Guatemala, Venezuela, Brasil, México e República Dominicana.[Cómpre referencia]

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Historia

O grupo creouse no ano 1998, ano no que gravaron un EP, sendo Jorge Rosado o vocalista, có título de El Niño. Este era tamén o nome do grupo nos seus comezos, facendo referencia ao fenómeno meteorolóxico do mesmo nome. En 1999 o grupo formalizouse oficialmente. Trala marcha de Jorge Rosado do grupo, El Niño firmou coa discográfica Roadrunner Records no ano 2000, pero tiveron que mudar o nome do grupo á Ill Niño xa que o anterior xa o tiña outro grupo.

O seu primeiro álbum, Revolution Revolución, saíu ao mercado o 18 de setembro do 2001. A banda formou parte das xiras Ozzfest e Jägermeister en 2002. A comezos do 2003 Marc Rizzo deixou o grupo, por conflitos persoais e o desexo de perseguir proxectos diferentes, e Danny Couto uniuse ao grupo. Pouco antes da saída ao mercado de Confession, Ahrue Luster, anteriormente membro de Machine Head, uniuse ao grupo.

Confession foi lanzado ao mercado o 30 de setembro de 2003. O álbum debutou no número 37 na lista Billboard 200.[6] O single principal do disco, "How Can I Live", incluíuse na banda sonora do filme Freddy vs. Jason, e foi o seu primeiro single que chegou a lista Billboard. O álbum vendeu máis de 110,000 copias nos Estados Unidos nos seus primeiros 5 meses no mercado.[7]

O seu terceiro disco, One Nation Underground, saíu á venda o 27 de setembro do 2005. O grupo anunciou que remataba o seu contrato coa discográfica Roadrunner Records o 15 de xullo do 2006, e asinou un novo acordo co selo discográfico Cement Shoes Records.[8]

Tras asinar coa nova discográfica, o grupo gravou un EP de cinco temas, The Under Cover Sessions, o 7 de novembro do 2006. Tres dos temas eran versións, incluíndo a canción do grupo Faith No More "Zombie Eaters", "Territorial Pissings" de Nirvana e "Red Rain" de Peter Gabriel. Vendeu 1,300 copias na súa primeira semana no mercado.[9]

O cuarto álbum do grupo, Enigma, tiña como data de saída ao mercado o 9 de outubro do 2007, pero atrasouse varias veces, saíndo finalmente o 11 de marzo do 2008.[10]

No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood xunto a God Forbid e Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.[Cómpre referencia]

En marzo de 2010 o grupo anunciou o seu acordo con Victory Records para a gravación dun novo álbum producido por eles mesmos e os co-produtores Sahaj Ticotin e Clint Lowery. O álbum foi titulado Dead New World e publicouse o 25 de outubro de 2010.[Cómpre referencia]

En febreiro de 2012, Ill Niño anunciou o comezo da gravación do que sería o seu sexto álbum de estudio, de novo baixo o selo de Victory Records. Este novo álbum foi gravado en estudios de Hoboken, Austin e Denver, e foi finalmente publicado o 22 de outubro de 2012 baixo o título Epidemia.[Cómpre referencia] Posteriormente, o 1 de outubro de 2013 o percusionista Daniel Couto deixou o grupo, sendo substituído por Oscar Santiago, e o 22 de xullo de 2014 o grupo publicou un novo álbum de estudio, titulado Till Death La Familia.[Cómpre referencia]

Remove ads

Membros

Remove ads

Discografía

  • Revolution Revolución (2001)
  • Confession (2003)
  • One Nation Underground (2005)
  • Enigma (2008)
  • Dead New World (2010)
  • Epidemia (2012)
  • Till Death, La Familia (2014)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads