Illa Princess Royal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Illa Princess Royal é a illa máis grande da costa norte da Columbia Británica, Canadá. Localízase entre as enseadas illadas e as illas ao leste do estreito de Hecate na costa da Columbia Británica. Ten 2.251 km², é a cuarta illa máis grande da Columbia Británica.[1] A illa foi bautizada en 1788 polo capitán Charles Duncan, pola súa corveta, "Princess Royal".[2]
Remove ads
Acceso e asentamentos
A illa está situada nunha zona extremadamente remota da Columbia Británicaa 520 km. ao norte de Vancouver e 200 km. ao sur de Prince Rupert. Só é accesible en barco ou en avión. O pasaxe interior a ruta de navegación de transbordadores, corre a lo largo do seu flanco oriental, por unha serie de canles que separan a illa do continente. A illa está deshabitada, pero adoitaba ser o fogar da comunidade Surf Inlet, unha cidade mineira de ouro na enseada do mesmo nome (aínda que tamén coñecida como Port Belmont ou Belmont) e Butedale, unha cidade mineira, con fábrica de conservas, pesca e explotación forestal na costa leste da illa. As comunidades máis próximas hoxe son Klemtu, na Illa Swindle e Hartley Bay, na costa continental ao leste da Illa Gil.
Remove ads
Reservas indias
As Reserva indíxenas en ou adxacentes á illa Princess Royal son:
- Reserva India Kahas Nº 7, na costa oeste de Princess Royal en Barnard Harbour, 16´50 ha. 53°04′00″N 129°07′00″O.[3]
- Reserva India Kayel Nº 8, na beira oeste da Princess Royal, fronte ao Estreito Campania, 1´60 ha. en 53°04′00″N 129°10′00″O.[4]
- Reserva India Lackzuswadda Nº 9, nunha illa á entrada de Surf Inlet, na costa suroeste de Princess Royal, 2´20 ha. en 52°54′00″N 129°09′00″O.[5]
Remove ads
Historia
Doce dos 17 tripulantes do U.S. Air Force 44-92075 foron achados vivos aquí en 1950, durante o primeiro incidente nuclear da guerra fría.

Xeografía
A extremidade norte da illa é Point Trivett, a súa extremidade noroeste é Point Kingcome.
O río Canoona percorre a parte central da illa, fluíndo cara ao leste ata o mar desde o lago Canoona.
Ecoloxía e ambiente
A vida silvestre na illa Princess Royal inclúe o oso de kermode, osos negros, osos grizzly, cervos, lobos e raposos, e poboacións anidadoras de aguias de ouro, aguias calvas, e o murrelet de mármore en perigo de extinción. A vida mariña ao redor da illa inclúe abundante salmón, elefantes mariños, candorcas e marsopas. Princess Royal é un compoñente básico dunha campaña rexional de preservacionismo que abarca a costa norte e central, que foi bautizada como o Gran Bosque do Oso por grupos ambientais.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads