Illa Renaud

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A illa Renaud é a maior das illas Biscoe na Antártida, adxacente á costa occidental da península Antártica. A illa sitúase entre as illas Pitt, cara ao norte; a illa Rabot ao sueste, separadas polo paso Covadonga; e a illa Lavoisier ao sur, separadas polo estreito Pendleton.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...

A illa ten 40 km. de longo por 17 millas de largo e destaca no seu litoral a baía Sobenes ao oeste e a punta Lively, chamada cabo Aguirre Romeu por Chile, no extremo sur. Áchase cuberta por un manto de xeo.

Foi cartografada e nomeada pola Expedición Antártica Francesa de 1908-1910, comandada por Jean-Baptiste Charcot.[1]

Remove ads

Reclamacións territoriais

Arxentina inclúe á illa no departamento Antártida Arxentina dentro da Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; para Chile forma parte da comuna Antártica da provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena; e para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico. As tres reclamacións están suxeitas aos termos do Tratado Antártico.

Nomenclatura dos países reclamantes:

  • Arxentina: isla Renaud
  • Chile: isla Renaud
  • Reino Unido: Renaud Island
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads