Illas Ryukyu

Arquipélago do Xapón From Wikipedia, the free encyclopedia

Illas Ryukyu
Remove ads

As Illas Ryukyu (琉球諸島 Ryūkyū-shotō?),[1] coñecidas en xaponés como Illas Nansei (南西諸島 Nansei-shotō?, lit. "Illas do sueste") e tamén coñecidas como Arco Ryukyu (琉球弧 Ryūkyū-ko?), son un arquipélago de illas xaponesas que se espallan dende o sur de Kyūshū ata Taiwán. A illa de Okinawa é a maior do arquipélago.

Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Remove ads
Remove ads

Historia

Thumb
Proposta de bandeira nacional do goberno de Ryukyu de 1950

Antigamente foi un reino independente, mais foi ocupado pola China no século -VII. Ficou sometida ós chineses ata 1609, ano no que foi invadida polos xaponeses. No 1879 foron anexionadas definitivamente ao Xapón dentro da prefectura de Okinawa e aboliuse a monarquía. Cando remata a segunda guerra mundial, da cal foi centro de operacións, o arquipélago foi ocupado militarmente polos Estados Unidos no 1945, que a administraron fiduciariamente de acordo co tratado de San Francisco de 1951, e fixeron de Okinawa unha poderosa base militar. Previamente, o 25 de xaneiro de 1950, o goberno das illas propuxera a independencia e unha bandeira nacional, que non foron aceptadas polos Estados Unidos. En 1953 a parte setentrional (Amami) foille devolta ó Xapón, e o resto, en 1972.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads