Illas Tiwi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As Illas Tiwi forman parte do Territorio do Norte, Australia, 80 km. ao norte de Darwin, onde o Mar de Arafura se une co Mar de Timor. Comprende a illa Melville, a illa Bathurst e nove illas deshabitadas máis pequenas, cunha área combinada de 8.320 km².
Habitadas antes da colonización europea polo pobo tiwi, aproximadamente 3.000 persoas habitan nas illas.
O Tiwi Land Council é un dos catro land councils do Territorio do Norte. É un órgano representativo con autoridade estatutaria baixo a Lei de Dereitos de Terras Aborixes (Territorio do Norte) de 1976 e ten responsabilidades baixo a Native Title Act 1993 e a Pastoral Land Act 1992.
Remove ads
Xeografía e poboación

As illas de Tiwi atópanse 80 km ao norte da parte continental australiana no mar de Arafura, e son parte do Territorio do Norte[1] O grupo de illas consiste en dúas grandes illas habitadas (Melville e Bathurst), e nove illas máis pequenas deshabitadas (Buchanan, Harris, Seagull, Karslake, Irritutu, Clift, Turiturina, Matingalia e Nodlaw).[2] A illa de Bathurst é a quinta illa máis grande de Australia e accesible por mar ou polo aeroporto da illa de Bathurst.[3] A illa Melville é a segunda illa máis grande de Australia (logo de Tasmania).[4]
As illas principais están separadas polo estreito de Apsley, que conecta a Saint Asaph Bay no norte e Shoal Bay no sur e ten entre 550 metros e 5 Km de ancho por 62 km de longo. Na desembocadura de Shoal Bay atópase a illa Buchanan, cunha superficie de aproximadamente 3 km². Un transbordador de coches no punto máis estreito proporciona unha conexión rápida entre as dúas illas.

Están habitadas polo pobo Tiwi, como o estaban desde antes do asentamento europeo en Australia. O pobo de Tiwi é un pobo indíxena australiano, cultural e lingüisticamente distinto dos de Arnhem Land no continente xusto alén da auga. En 2011, a poboación total das illas era de 2.579, dos cales o 87´9% eran aborixes.[5] A maioría dos residentes falan o idioma Tiwi como lingua materna e inglés como segunda lingua.[6] A maioría da poboación vive en Wurrumiyanga (coñecido como Nguiu ata 2010) na illa Barthurst, e Pirlangimpi (tamén coñecido como Garden Point) e Milikapiti (tamén coñecido como Snake Bay) na illa Melville. Wurrumiyanga ten unha poboación de preto de 1.500 habitantes, os outros dous centros ao redor de 450 cada un.[7]
Existen outros asentamentos máis pequenos, como Wurankuwu (Ranku) Community na parte occidental da illa Bathurst.[8]
Remove ads
Historia
Os indíxenas australianos ocuparon as illas Tiwi durante séculos, con historias de creación que suxiren que estaban presentes polo menos 7.000 anos antes do presente.[9] Os insulares de Tiwi tiñan contacto con comerciantes de Macasar,[10] E o primeiro rexistro histórico de contacto entre os insulares indíxenas e os exploradores occidentais foi cos holandeses "baixo o mando do Comandante Maarten Van Delft que mandaba tres naves, o Nieuw Holland, o Waijer, e o Vosschenbosch, en Shark Bay na illa de Melville na que desembarcou o 30 de abril de 1705".[9] Houbo outras visitas de exploradores e navegantes nos séculos XVII, XVIII e XIX, incluíndo o holandés Pieter Pieterszoon, o francés Nicholas Baudin e o británico Philip Parker King.[11]

O primeiro asentamento europeo nas illas foi en Fort Dundas, preto da actual Pirlangimpi na illa de Melville. Establecido en setembro de 1824, este foi o primeiro asentamento británico no norte de Australia, pero debido en parte á hostilidade da poboación indíxena durou só cinco anos, sendo abandonado en 1829.[11] Como, "o primeiro intento de asentamento europeo e militar en calquera parte do norte de Australia", o sitio aparece no Australia's Register of the National Estate. Francis Xavier Gsell estableceu unha misión católica en 1911,[10][12] As illas foron proclamadas unha reserva aborixe en 1912. Unha igrexa da madeira construída nos anos 30 é un fito prominente en Wurrumiyanga. A misión católica tivo impactos positivos, como o acceso a servizos de educación e benestar, pero tamén efectos negativos como a supresión da lingua e cultura aborixes.[13] O control das illas transferíuse aos propietarios tradicionais indíxenas a través do Tiwi Aboriginal Land Trust, e o Tiwi Land Council, fundado en 1978.[9][14] En 2001 creouse un goberno local, cando os consellos de goberno comunitario anteriores nas tres comunidades principais de Wurrumiyanga (Illa Bathurst), Pirlangimpi e Milikapiti (Illa Melville) fusionáronse coa Wurankuwu Aboriginal Corporation para formar un goberno local único.[15]
O Tiwi Islands Local Government substituíuse en 2008 polo Tiwi Islands Shire Council como parte dunha reestruturación do goberno local a nivel do Territorio do Norte.[16]
Remove ads
Medio ambiente, conservación e uso da terra
O clima e a xeografía extrema das illas proporcionalle unha vexetación distintiva e uns valores especiais de conservación:
Debido ao seu illamento e debido a que teñen unhas precipitacións extremadamente altas, as illas Tiwi acollen moitas especies non rexistradas noutras partes do Territorio do Norte (nin no mundo), e algunhas especies endémicas. As Illas Tiwi conteñen os bosques de eucalipto máis desenvolvidos do Territorio (máis altos e con maior superficie) e unha densidade e extensión de selvas tropicais excepcionalmente alta.[3]
Clima
As illas Tiwi teñen un clima monzónico tropical, con 2000 mm de choiva no norte da illa Bathurst e 1200 a 1400 mm no leste da illa Melville.[17] A tempada de choivas de novembro a abril trae ás illas a maior precipitación do Territorio do Norte. Os habitantes de Tiwi describen tres estaciones distintas: a seca (estación de fume), a acumulación (humidade alta e os cantos das cigarras) e a húmida (tormentas). As estacións enmarcan o estilo de vida do pobo Tiwi, dictando as fontes de alimentos dispoñibles e as súas actividades cerimoniais.[18]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads