Imaxe real
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En filmes, vídeo, e outros medios de comunicación, o termo live-action ou imaxe real refírese á cinematografía que emprega imaxes reais e non animación.[1] Ó tratarse do caso xeral, o termo resulta supérfluo na meirande parte das ocasións, pero dá lugar a unha importante distinción en situacións nas cales se espera animación, coma nun filme de Pixar, un videoxogo ou cando se realizan adaptacións de debuxos animados, coma Os Picapedra.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
O termo tamén se emprega no mundo da animación para se referires a personaxes non animados: nunha película que mesture imaxe real con animación, coma Mary Poppins ou Quen enganou a Roger Rabbit?, os personaxes "live-action" son os actores reais, coma Julie Andrews, en oposición aos "actores" animados, coma o propio Roger Rabbit.
Live-action tamén pode facer referencia a un filme adaptado dunha banda deseñada, como é o caso das versións cinematográficas de Spider-Man e X-Men, ou de mangas coma Death Note ou Mushishi.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads